Unha cita que será clausurada polo ministro de Cultura

La Voz

LEMOS

27 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O programa deste encontro desenvolverase no salón de actos da Deputación. Inauguración: Será o xoves ao mediodía e correrá a cargo do alcalde de Lugo. Primeira sesión: Despois do acto inaugural, con Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Suso Pensado, Luz Pozo Garza e Claudio Rodríguez Fer. Segunda sesión: Prevista para o xoves ás sete da tarde, con Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Arcadio López-Casanova, Chus Pato, Ana Romaní e Xavier Seoane. Terceira sesión. Ás sete da tarde do venres, con Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Salvador García-Bodaño, Luis González Tosar e Manuel Rivas. Clausura. Realizarase unha vez rematada a terceira sesión e contará con César Antonio Molina, ministro de Cultura.

Manuel Bragado, de Xerais, e Carlos Lema, de Galaxia, representarán ao sector editorial; mentres que a música correrá a cargo de Fran Pérez, Xabier Díaz e Luis Emilio Batallán.