Ramón Villares e Román Gubern falarán en Lugo sobre a historia dos camiños e das viaxes

LEMOS

28 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O vindeiro mércores, o presidente do Consello da Cultura Galega e profesor de Historia da USC, Ramón Villares, ofrecerá a primeira dunha serie de conferencias que o Club Valle-Inclán programou baixo o título De camiños e viaxes . A conferencia, como o resto do ciclo, será ás oito do serán no salón de actos de Caixa Galicia e con entrada libre. Villares falará sobre os camiños de Galicia nos séculos XVIII e XIX e os inicios do ferrocarril.

A segunda das conferencias previstas será o 27 de novembro e correrá a cargo do historiador e crítico cinematográfico Román Gubern, quen falará das viaxes no cine. Grazas á colaboración de Gubern poderase ver na cidade unha película moi pouco exhibida en España, A vía láctea , de Luis Buñuel, unha obra inspirada no Camiño de Santiago que se proxectará dentro dun ciclo de cine que organizará o Club Valle-Inclán entre o 17 e o 21 de decembro.