Todo un señor

LUIS ÁNGEL RODRÍGUEZ

LEMOS

TRIBUNA | O |

09 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

MESES atrás publiquei un escrito queixándome do trato que estábamos a recibir do delegado provincial do Sergas, negándonos un tratamento prescrito por un profesional, pois ben, hoxe quero facer o contrario. Non vou felicitar ao delegado -aínda estamos á espera da súa resposta-, senón felicitar a un profesional do hospital comarcal de Monforte, en concreto do servizo de dixestivo, polo seu comportamento intachábel e a súa calidade humana, máxime cando nestes tempos estamos acostumados a todo o contrario no servizo público. É unha ledicia encontrarse con persoas que desenvolven o seu labor con honestidade, poñendo por riba de calquera interese alleo á medicina e ao interese do paciente o criterio médico e a ética profesional, recordándonos a todos que a medicina é algo máis que cooperativismo e cumprir a xornada laboral. Esta conduta, que debería ser a máis normal do mundo, non o é tanto. Se non, non estaría escribindo estas liñas. Sen máis, darlle as grazas a don Francisco Íñiguez Fernández. Grazas, moitas grazas.