Testemuños da desaparecida feira literaria chantadina

La Voz

LEMOS

01 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

? web de Filix presenta outros contidos bastante variados, á marxe do catalogo de libros galegos. Unha das súas seccións ofrece unha lista detallada das traducións a outros idiomas de obras infantís e xuvenís escritas orixinalmente en galego. O sitio contén ademais numerosas referencias á Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrou durante varios anos en Chantada por iniciativa desta asociación. Na páxina poden verse os carteis deseñados para as diversas edicións da feira por ilustradores tan prestixiosos como Miguelanxo Prado, Manuel Uhía e Xan López Domínguez. Asimesmo, ofrece información sobre os premios Rañolas, concedidos na feira chantadina a coñecidos escritores e debuxantes.