«Hai xente que lle ten un medo atávico á poesía»

Benigno Lázare LUGO

LEMOS

Entrevista | José Luis Calvo Onte presentou «Definitivo territorio», o seu segundo libro, e ao tempo traballa nunha tesina sobre Antonio Gamoneda, un dos seus pais poéticos

16 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

José Luis Calvo é consciente da marxinalidade na que se edita a poesía, e así explica que, léndose pouco, salgan á rúa constantemente novas obras. Non é partidario de liñas nin doutras militancias, e considera moi importante comprender a musicalidade poética. -Tratándose de poesía, ¿en que ou a quen está dedicado este segundo libro seu e primeiro en galego? -Está inspirado en Lugo e na súa provincia. Pero non é tanto unha homenaxe, que resulta moi solemne, como un profundo amor, non só hacia a cidade, senón tamén a lugares como Viladonga, Rinlo ou San Cibrao, que teñen unha maxia e polos que me gusta viaxar. -¿Por que se queixan os poetas de que non se le poesía e sen embargo editanse constantemetne libros? -Quizais porque a maioría son edicións de autor, de editoriais pequeniñas e marxinais. E logo, hai xente que lle ten un medo atávico á poesía; non a entende. A musicalidade é o básico, e se ademais se entende, mellor. -Do político o primeiro que se que se quere coñecer é a ideoloxía. ¿Dun poeta é a que corrente pertence? -Eu non son partidario das correntes. A poesía é poesía e nada máis. Esas cousas teñen unha didáctica, e a didáctica é perezosa. Comparto o criterio de Octavio Paz de que o poeta non debe pertencer a iglesia ou partido. -¿Non se pode facer poesía dende esas posicións? -Pódese facer, pero posiblemente será unha poesía de circunstancias, pero o milagre poético está por enriba. Hai que ir ao sentimento e á reflexión. Loxicamente, todos temos a nosa ideoloxía, ainda que nesto quizais sexa a ideoloxía do corazón.