A Feira do Libro que comeza mañá contará con dezaseis casetas

Durante nove días acudirán á praza Maior dez escritores para presentar novidades A organización promove obradoiros e representacións teatrais dedicadas aos nenos


lugo

?erán nove días onde o libro pasa a ser o protagonista da cidade e as librerías exporán as últimas novidades literarias e os seus fondos máis recoñecidos. Ata trinta mil volumes se esperan poñer á venta no transcurso da que xa é vintedúas edición da Feira do Libro de Lugo, que promove a Federación de Libreiros de Galicia coa colaboración do Concello, Cultura e Caixanova.Os actos programados comezarán mañá ás once coa apertura das dezaseis casetas participantes, oito librerías, seis editoriais e dúas institucionais. O pregón, á unha da tarde, correrá a cargo do xornalista e escritor Santiago Jaureguizar, e xa pola tarde, ás sete, haberá unha representación de teatro dedicada aos nenos. Ao longo dos nove días, o programa da feira basearase, principalmente, en presentación de libros e obradoiros e funcións de teatro para os nenos. Participarán dez escritores, entre eles, Claudio Rodríguez Fer, Xulio López Valcárcel, Xesús Fraga, Alfredo Conde ou o guionista de banda deseñada Carlos Portela, que presentará Los heresiarcas 1. El alma hueca . O novo presidente dos libreiros lucenses, Carlos Coira, sinalou que o cómic non soe ter presenza nas feiras. Os organizadores tamén quixeron rendir unha homenaxe ao músico, editor e escritor Enrique Alvarellos, falecido a pasada semana. O vindeiro xoves haberá na súa honra un concerto da Banda Municipal de Lugo baixo o título de Música e libros . O directivo da federación de libreiros Antonio Fernández Maira, que presentou a programación xunto a edila de Cultura, Concepción Burgo, destacou a importancia das feiras do libro como unha maneira de telos volumes na rúa e así a xente poda acceder a eles. Todos os días haberá un sorteos de libros á hora do peche do feiral, ás dez menos cuarto da noite. Tamén se fará un sorteo dunha viaxe a Copenhague para dúas persoas. Durante os nove días da feira, as casetas ofrecen os libros cun desconto do 10%.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A Feira do Libro que comeza mañá contará con dezaseis casetas