Poesía premiada en Sarria e versos escritos por nativos da Terra de Lemos

La Voz

LEMOS

22 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?as librerías non pode encontrarse aínda o libro gañador do último premio de poesía Fiz Vergara, O whiskey na barrica , de Miguel Anxo Mato Fondo, que será publicado proximamente por Espiral Maior. Pero si é posible achar, xa desde hai tempo, a obra galardoada anteriormente no certame literario sarriao, Decrúa , de Estevo Creus. No terreo poético encádrase unha obra do escritor monfortino Antón Lopo, Falamos , que foi editada en Ferrol pola Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Outro autor da comarca de Lemos, Carlos Quiroga, natural do Saviñao, editou en unha obra singular que se sitúa a medio camiño entre a poesía e a prosa, titulada A espera crepuscular . En Lisboa foi publicado hai pouco o libro A letra e o ar , de Andityas Soares, que estuda a obra poética do chantadino Xosé Lois García.