Un disco con música de César del Caño acompaña as vellas cantigas


As cantigas do trobador chantadino sen dúbida foron compostas no seu día para ser cantadas, pero -como sucedeu con case toda a lírica galega medieval- o único que se conservou foi a letra. O libro presentado onte en Chantada editouse acompañado dun CD no que se recrea a dimensión musical dos textos desde unha óptica contemporánea. O autor das composicións que acompañan os antigos poemas é o músico César del Caño, quen as interpreta en unión dos instrumentistas Xurxo Romaní, Xan Xove, Paulo Jablonski, Marta Cabrero e Nacho López. As voces son do propio César del Caño e de Miriam González, cantante galega pertencente ó grupo portugués-catalán Vai Varina.A zanfona, a gaita, as tarrañolas, o tambor, as pandeiretas, a cítola e o clavicémbalo son os instrumentos utilizados neste experimento que, segundo explica Del Caño, «non pretende ser unha reconstrucción arqueolóxica da música medieval galega nin nada semellante. Para musicalizar estes textos deixámonos levar sobre todo pola intuición e polo que nos suxeriu cada unha unha das cantigas, polas pequenas historias que contan». O disco tamén foi presentado onte en Chantada, pero os músicos -algúns deles radicados en Barcelona- non puideron acudir á vila para ofrecer un concerto. Non descartan facelo noutro momento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Un disco con música de César del Caño acompaña as vellas cantigas