Afeccións que crean escola

Terra adentro O grupo Faro-Miño recupera a súa primeira representación para pechar a mostra de teatro e o baloncestista Fran Vázquez saudou as xoves promocións chantadinas


O xogador de baloncesto chantadino Fran Vázquez aproveitou unha viaxe recente para visitar as escolas deportivas do concello. O xogador do Unicaja de Málaga, na liga ACB, estivo no pabillón de Chantada para recordar os seus inicios cos entrenadores das escolas e, de paso, animar ós rapaces para que se esforcen co básquet pero sen esquecer os estudios. O coordinador das escolas, Guillermo García, resaltou a modestia e madurez do xogador, o cal agasallou ós novos aprendices con camisetas e material deportivo do Unicaja e da selección española.O grupo de teatro de Chantada Faro-Miño leva trece anos na póla... da interpretación. Dous dos seus membros, Paco Maciñeiras e Ramón Rodríguez, poden asegurar a súa afección xa que levan no colectivo dende o comezo. Outros compañeiros, en cambio, quedaron polo camiño e a eles lles dedican a súa representación deste ano na que será a decimoterceira mostra de teatro de Chantada. Os membros fundadores que reciben esta homenaxe son Malú Ledo, Rocío Méndez, Paco Viñas e Rafa Viñas. Os catro formaron parte do reparto da primeira obra que representou a agrupación O cego de Fornelos. O próximo 22 de agosto volverán a vela, pero esta vez entre o público do Cantón.O programa da mostra de teatro deste ano xa ten cartel definitivo. Onte fíxose público, aínda que a presentación oficial non será ata o próximo luns. Dos cinco grupos que actúan, catro son afeccionados e dous deles repiten visita á mostra de Chantada. A apertura, o luns 18 de agosto, correrá a cargo do grupo profesional Nove-Dous do Carballiño, o cal estreará a última obra na que está a traballar, O porqué das cousas. O martes 19 será o turno do grupo Solpor de Salvaterra, que estrea tamén unha obra, O anel máxico. Os que repiten visita son Teatro O Bordelo de Cervo (ca obra Trebedes sen lume) e Candelexas de Noia (con A verdadeira historia da casiña de papel) os cales actuarán o mércores 20 e xoves 21, respectivamente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Afeccións que crean escola