«O Craega pasou varias inspeccións e foi felicitado»

Miguel Cabana
Miguel Cabana MONFORTE

LEMOS

O presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica rebate as críticas do SLG dos últimos días

06 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? Sindicato Labrego Galego ofreceu en días pasados unha rolda de prensa na que acusaba ó Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de oscurantismo. -Unha vocal do SLG queixábase de que non recibía información do consello porque non había transparencia. -O consello non volverá a aceptar comunicación algunha da señora Agatha Broeskamp como representante do SLG. Isto non é un sindicato nin unha cámara agraria, é un órgano que representa a sectores, e ela representa ó sector vexetal. -Tamén dicían os sindicalistas que o consello non convocou tódolos plenos que debía. -A lei di que os plenos deberán celebrarse polo menos unha vez por trimestre. No primeiro fixemos dous, e o segundo trimestre aínda remata o vindeiro día 30. Aínda así, a lei di que se deberá celebrar, pero non obriga. -Tamén dicían que non coñecen o presuposto do consello e que non hai transparencia. -Eles estiveron no pleno e coñecen os presupostos. E de feito, en plena campaña electoral fixeron interpelacións sobre os presupostos do concello. Polo tanto, que non digan que non os coñecen. E que saiban que a un órgano e a un sector que funcionan regularmente, estas manifestacións fanlles moito dano. E ademáis, ¿que obriga ten o consello de informar a un sindicato como o SLG ou outro calquera? Eu tampouco sei cantos afiliados teñen, nin cal é o seu presuposto, nin con qué financian a esas dúas personas que pelexan por danar ó consello regulador. -¿A quen se refire? -A eses dous membros do SLG que viñeron en días pasados a Monforte a dar unha rolda de prensa e difamar, mentres os labregos e traballadores da agricultura ecolóxica estabamos na feira de Vigonatura defendendo e vendendo os nosos productos galegos. E mentres tanto, o SLG manda para aquí a un francés e a unha alemana (Xan Pouliquen e Agatha Broeskamp) a tratar de romper o traballo dos labregos galegos. ¿Non valemos os galegos para defender ós galegos? ¿Temos que ser estranxeiros para estar en agricultura ecolóxica? Que lles expliquen isto ós afiliados e ós galegos que levan 25 anos viviendo deste sector e creando riqueza no país. -¿Por que di o SLG que non hai transparencia? -Tivemos recentemente unha inspección da consellería e outra do MAP, algunha por sorpresa. Recibimos varias cartas e correos electrónicos con felicitacións polo traballo. E ademais, estamos a facer unha auditoría interna propia. -¿O Craega funciona a pleno rendemento? -Cada día máis. As nosas porcentaxes de crecemento están á vista. E temos que loitar contra rémoras como o SLG, que andou a recomendar ós labregos que non pediran as axudas especíicas á agricultura ecolóxica, e algúns que as pediron cobraron ata 12.000 euros. -¿Qué di ás criticas de que o consello é como un clube de amigos? -O Craega non é para catro amigos. Eles (os representantes do SLG) móvense por esta casa con liberdade, e non discriminamos a ninguén. Tramitamos axudas á xente que foi na lista deles igual que ós demais. Pero, por exemplo, membros do SLG dixeron en Chantada que xa tiñan unha liña de traballo cos asturianos para romper o monopolio galego do mercado da mazá, cando algunha industria de Chantada tivo problemas para medrar por culpa da pinza dos asturianos que durante anos pagaban as mazás a dúas pesetas.