Palabra de ministros: que levan na súa carteira

Na primeira páxina comezamos a particular presentación que serve de resposta á pregunta clave que pode xurdir á vista da importante presentación dos ministros da lexislatura que comeza. Nun símil, imaxinamos qué levan os profesores na súa especie de pupitre manual. Pero agora, de verdade, intentamos indagar que vai dentro de cada carteira ministerial? e algo saberemos se indagamos nas súas declaracións as pistas verbais dos actuais e dos anteriores ministros: https://bit.ly/2uR0nGn

O novo Consello de Ministros na súa primeira reunión de traballo, o pasado martes 14
O novo Consello de Ministros na súa primeira reunión de traballo, o pasado martes 14

CARTEIRA 1

Vida, España, igualdade, benestar

  • Alberto Garzón, ministro de Consumo: «Mellorar a vida das familias traballadoras».
  • Arancha González, de Exteriores: «Situar a España no mundo».
  • Carmen Calvo, de Presidencia e Relacións coas Cortes: «Igualdade salarial e de trato entre homes e mulleres».
  • Carmen Montón, exministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social: «Creo nunha sanidade pública e nuns servizos sociais de calidade, de carácter universal e rexidos por parámetros da equidade».

 

CARTEIRA 2

Ilusión, lealdade, diversidade, feminismo

  • Dolores Delgado, exministra de Xustiza: «Traballar con ganas, ilusión e forza».
  • Fernando Grande-Marlaska, de Interior: «Necesaria lealdade á Constitución».
  • Isabel Celaá, de Educación e Formación Profesional: «Linguas autonómicas desde o sentimento, linguas cooficiais e signo da diversidade de España».
  • Irene Montero, de Igualdade: «O feminismo seguirá sendo unha bandeira deste Goberno e este país. Traballaremos para que non haxa nin unha vítima máis, para que non sexamos nin unha menos».

 

 

CARTEIRA 3

Profesionalidade, posibilidade, cultura, cooperación

  • José Luis Ábalos, de Transportes: «Toca gobernar con profesionalidade, rigor e audacia e para todos os españois».
  •  José Luis Escrivá, de Inclusión, Seguridade Social e Migracións: «Facer posible o sistema de pensións».
  •  Josep Borrell, exministro de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación: «Contra o independentismo e o secesionismo»

  

CARTEIRA 4

Política, obsolescencia, negociación, oportunidades

  • Luis Planas, de Agricultura, Pesca e Alimentación. «Política pesqueira e agroalimentación».
  • Margarita Robles, de Defensa: «Salvar ao Exército da obsolescencia e lidar con misións delicadas, como Iraq».
  • Magdalena Valerio, exministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social: «Unha reconsideración total da reforma laboral e recuperar o poder da negociación colectiva».
  • Manuel Castells, de Universidade: «É un motor de desenvolvemento económico traballar con Ciencia e Innovación para ofrecer unha igualdade de oportunidades a través da educación».

 

CARTEIRA 5 

Transparencia, cultura, capacidade, xuntos

  • María Jesús Montero, de Facenda e portavoz: «Estabilidade, acompañamento e transparencia nas contas públicas». «Dar máis a quen menos teñen». «Tan importante é o labor do Goberno como saber explicalo».
  • Máximo Huerta, exministro de Cultura e Deporte: «A cultura fainos máis libres».
  • Nadia Calviño, de Economía e Empresa: «Un ministerio con capacidade de facer moitas cousas».
  • Pedro Duque, de Ciencia e Innovación: «A división administrativa non ten que representar unha división nas políticas, e traballaremos xuntos».

 

CARTEIRA 6

Diálogo, convivir, resolver, biodiversidade, reforma

  • Reyes Maroto, de Industria, Comercio e Turismo: «Escoita, diálogo e consenso». «Xestión do turismo cara a un modelo eficiente, condicións dignas para os traballadores, modernización, transformación dixital».
  • José M. Rodríguez Uribes, de Cultura: «A cultura non é algo pechado, vaise facendo: é o teatro, o cine, os libros, a música, os valores para convivir en paz».
  • Salvador Illa, de Sanidade: «Escoitar e resolver, saír adiante cos retos».
  • Teresa Ribeira, de Enerxía e Medio Ambiente: «Modelo enerxético moito máis biodiverso, máis positivo no impacto na saúde e custos».
  • Yolanda Díaz, de Traballo e Economía Social: «A precariedade é a prioridade deste país. Debemos derrogar a reforma laboral».

 

ACTIVIDADES

Pedro Sánchez. O novo Goberno de Pedro Sánchez, formado por 22 ministros -entre eles, catro vicepresidentes-, prometeu o luns 13 o seu cargo ante o rei no palacio da Zarzuela, nunha cerimonia similar á que protagonizou o propio Sánchez o pasado 8 de xaneiro tras a súa investidura:

  • https://bit.ly/2NpM7uH

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Palabra de ministros: que levan na súa carteira