Un traballo gráfico sobre as montañas

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

Unha parte significativa da poboación mundial vive nas montañas, que son unha fonte de recursos naturais de todo tipo
Unha parte significativa da poboación mundial vive nas montañas, que son unha fonte de recursos naturais de todo tipo CARLOS RUEDA

Hoxe toca pintar. Por suposto, se nos gusta. Pero paga a pena. Pincel e cabalete, que non hai nada tan belo como encher de montañas a aula enteira. En primeiro lugar, presentamos sete temas, a elixir, buscando sempre dar realce a un dato gráfico que resalte dentro do tema que se presenta. E se vos parece mellor, vendo as imaxes que outros utilizaron para resaltar, nada menos, as que serviron de pantalla para a celebración do Día Internacional das Montañas desde o ano 2007 e que tes abaixo co título de Carteis.

12 dic 2019 . Actualizado a las 00:56 h.

1. AS VILAS DE MONTAÑA

 

O quince por cento da poboación mundial vive nas montañas. O noventa por cento dos habitantes das montañas do mundo residen en países en desenvolvemento, onde a gran maioría están por baixo do limiar da pobreza e un de cada tres enfróntase á ameaza da inseguridade alimentaria. As montañas son lugares de turismo e rutas culturais. O turismo de montaña representa aproximadamente entre o quince e o vinte por cento da industria do turismo mundial.

 

2. OS PRODUTOS DA MONTAÑA

 

Os produtos e servizos de montaña teñen un gran potencial para mellorar os medios de vida e impulsar as economías locais. Está en aumento a demanda mundial de alimentos e bebidas de calidade e de alto valor producidos en zonas de montaña, por exemplo o café, o mel, as herbas e especias, así como artesanía, cosméticos e medicamentos.

 

3. AS MONTAÑAs E A AUGA

 

As montañas achegan entre o sesenta e o oitenta por cento da auga doce do mundo, sen a cal o desenvolvemento sostible, cuxa meta é eliminar a pobreza e a fame, non sería posible. É utilizada polos agricultores para irrigar os seus cultivos en moitas rexións das terras baixas.

Algunhas das cidades máis grandes do mundo, incluíndo Nova York, Río de Xaneiro, Nairobi, Tokio e Melbourne, dependen da auga doce das montañas.

 

4. AS MONTAÑAS E A ENERXÍA

 

As montañas desempeñan un papel clave na subministración de enerxía renovable, especialmente a través das enerxías hidroeléctrica, eólica e solar e do biogás. A enerxía hidroeléctrica proporciona actualmente preto dunha quinta parte de toda a electricidade no mundo.

 

5. MONTAÑAS E ALIMENTOS

 

As montañas contribúen á seguridade alimentaria e á nutrición ao proporcionar terra para os cultivos, pastos para a gandería, cursos de auga para a pesca e produtos forestais non madeirables tales como bagas, fungos e mel.

Das vinte especies de plantas que achegan o oitenta por cento dos alimentos no mundo, seis orixináronse e diversificáronse nas montañas: o millo, as patacas, a cebada, o sorgo, os tomates e as mazás.

 

6. AGRICULTURA FAMILIAR DE MONTAÑA

 

A agricultura de montaña é en gran medida agricultura familiar, xa que as zonas de montaña, coas súas manchas dispersas de terra utilizable a diversas alturas e condicións de pendente, son máis eficientemente xestionadas a través da agricultura a pequena escala.

  • https://bit.ly/2RjMl9j

 

 

7. CARTEIS. DÍA INTERNACIONAL DA MONTAÑA

 

As montañas déixanse ver: «O requecemento mundial nos Andes do Perú a máis de 5.000 metros de altura está a facer desaparecer o xeo» (2007). «Inseguridade alimentaria nas comunidades das montañas» (2008). «Xestión de riscos de catástrofes nas rexións montañosas» (2009). «Un fondo legado de biodiversidade agrícola que é necesario conservar» (2010). «Celebrar o valor da vida na montaña» (2011). «Os bosques de montaña están ameazados» (2012). «As montañas son claves para un futuro sostible» (2013). «Agricultores familiares de montaña» (2014). «Promoción de produtos de montaña para mellorar os medios de vida» (2015). «A cultura e tradicións da montaña» (2016). «Clima, fame e migración (2017)». «As montañas son esenciais para as nosas vidas» (2018). «As montañas cobren o 27 % da superficie terrestre do planeta. Albergan 1.100 millóns de persoas. Un de cada dous habitantes rurais das montañas nos países de desenvolvemento está exposto á inseguridade alimentaria» (2019).

  • https://bit.ly/2LlJgBZ

 

 

 

 

ACTIVIDADES

 Aquí pódese descubrir cales están consideradas as vilas de montaña máis bonitas de España:

  • https://bit.ly/362icPR
  • https://bit.ly/34VOrQU

E esta páxina permite achegarse ás vilas de montaña máis bonitas de Galicia:

  • https://bit.ly/2DJKVwG

Queres saber que é unha montaña, como se formou, en que partes se divide, cales son as máis altas do mundo? Aquí, de forma sinxela, toda esta información e máis:

  • https://concepto.de/montana/