«Impeachment» á vista nos EE.UU.

O presidente do país norteamericano, Donald Trump, enfróntase a un proceso que pode terminar na súa destitución

Manifestación estudantil en Washington contra o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, que se enfrontase a un posible xuízo político por suposto abuso de poder
Manifestación estudantil en Washington contra o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, que se enfrontase a un posible xuízo político por suposto abuso de poder

O impeachment é o procedemento xurídico establecido nos Estados Unidos para destituír ao seu xefe de Estado se cometeu algún delito. O sistema político deste país é unha democracia presidencialista na que o presidente acapara todo o poder, pero nin el nin ninguén está por encima da lei. Se no exercicio das súas funcións se extralimita, e se demostra que así ocorreu, a consecuencia é a súa destitución. Impeachmen significa ‘acusación’, e refírese ao procedemento para probar que a acusación queda demostrada polos testemuños e probas que se presenten.

COMO FUNCIONA

Para iniciar o procedemento é necesario que alguén presente no Congreso unha demanda cos indicios nos que se fundamenta. A Cámara de Representantes ten que valorar estes indicios e, se os xulga suficientemente sólidos, o procedemento segue adiante. O que non é necesario é que o demandante se identifique: pódeo facer ocultando a súa identidade para garantir que ninguén poida tomar represalias.

Unha vez autorizado o inicio do procedemento, comeza a investigación, a cargo de seis comités de Cámara que analizan os testemuños e probas en sesións públicas e debaten sobre eles. Tras as sesións, e oídos todos os testemuños e analizada a documentación, pásase esta á Comisión Xudicial, que decidirá se o presidente debe ser sometido finalmente ao impeachment e que cargos se lle imputan.

NA HISTORIA

Aquí acaba a función dos congresistas, que, se aproban que o proceso siga cara adiante, envían o expediente ao Senado, quen ten a responsabilidade final de condenar ao presidente ou de absolvelo. Para condenalo necesítanse dous terzos dos votos dos senadores.

En toda a historia dos EE.UU. completáronse só dous impeachments, pero ningún deles terminou coa destitución do presidente. Un estableceuse contra Bill Clinton en 1998 e no Senado non se conseguiron os votos necesarios para a destitución, e o outro contra Andrew Jakson en 1868, que tampouco os logrou. O máis famoso, con todo, foi o que se preparou contra Nixon, pero non chegou a completarse, porque o presidente dimitiu para evitar a vergoña de perdelo. A razón hai que buscala no caso Watergate.

Agora estamos no principio do caso de Trump. O proceso iniciouse xa pola denuncia dun informante anónimo baseada no rexistro dunha conversación telefónica entre o mandatario e o presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski. Trump pediulle que investigase as actividades de Hunter Biden, fillo de Joe Biden (do partido rival e exvicepresidente dos EE.UU.), nos negocios que emprendera nese país e, para presionalo, cancelara a axuda militar pactada e fíxoa depender desta investigación. Pretendía obter información contra quen pode ser o seu adversario máis perigoso nas vindeiras eleccións presidenciais.

O Congreso determinou a apertura do procedemento e das investigacións. Foi posible porque na Cámara, presidida pola demócrata Nancy Pelosi, hai maioría do partido rival do de Trump, o Demócrata. No futuro inmediato desenvolverase o resto do proceso, que chegará con toda probabilidade ata o Senado, onde os demócratas o teñen difícil, porque a maioría na Cámara Alta é republicana.

 actividades

A1. É esta unha noticia que ocupará moito espazo informativo nos próximos meses, porque se trata dunha aposta política de alto risco. É difícil que o «impeachment» triunfe, porque os demócratas necesitan convencer un bo número de republicanos. Se o lograran, situaríanse en moi boa posición para gañar as vindeiras eleccións presidencias, do 2020, pero se non o conseguen Trump sairá reforzado para lograr a reelección.

 

A2. Non se trata tanto de que este tema sexa obxecto dun desenvolvemento didáctico na aula canto de ofrecer ferramentas básicas para que os alumnos, que serán testemuñas inevitables da información, poidan comprender mellor o que vaia sucedendo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Impeachment» á vista nos EE.UU.