Apostas outonais para todos

LA VOZ DE LA ESCUELA

CARMELA QUEIJEIRO

As editoriais enchen o comezo de curso cunha boa colección de novidades que fan as tardes do outono máis amenas. Historias curtas ou longas, movidas ou reflexivas... o amplo abano satisfará a todos os públicos con clásicos anovados, contos de fadas e libros que divulgan e ensinan dende o humor. Buscar o título axeitado é unha das regras máis sensatas para fomentar o gusto pola lectura

06 nov 2019 . Actualizado a las 09:27 h.

Damos un repaso ás achegas máis recentes.

«CAPERUCITA ROJA»

ADOLFO SERRA

cedidas

Esta exquisita revisión del clásico demuestra que el cuento de la dulce niña de capa roja y el lobo no se agota. Relatado sin texto, solo a partir de ilustraciones en tres tonos que hablan por sí solas, el bello álbum arriesga y acierta al lograr conectar a los pequeños con sus miedos, para que sepan cómo afrontarlos. La obra ofrece múltiples lecturas a partir del recuerdo que cada uno tiene de la historia.

  • Nórdica libros. A partir de 3 años. 

«CONTA COMIGO»

MIGUEL TANCO

cedidas

Este libro sinxelo e ata humorístico, de ilustracións evocadoras que agochan múltiples acenos aos lectores, sorprende cunha nena protagonista que sente paixón polas matemáticas, que recoñece en todas as circunstancias que a rodean. Unha obra para perder o medo á temida materia: ao final do libro, un caderno de campo con explicacións de termos en principio complexos amosará que non o son.

  • Bululú. A partir de 5 anos 

«VAMOS A LLEVARNOS BIEN: 3 HISTORIAS PARA FOMENTAR EL COMPAÑERISMO Y DISUADIR EL BULLYING».

ANNA MORATÓ

cedidas

Este nuevo libro para padres, niños y docentes de la autora convertida en éxito de ventas con su colección De Mayor Quiero Ser... Feliz se centra en el complicado y doloroso problema del acoso escolar con tres historias enfocadas desde los puntos de vista del que lo sufre, del que lo provoca y de los que lo presencian y no se atreven a decir nada. Un manual, comprensible para primaria, que plantea problemas y ofrece consejos prácticos y soluciones para fomentar el compañerismo.

  • Beascoa. A partir de 7 años 

«O LOBO DE AREA»

ÅSA LIND

cedidas

Esta primeira entrega dunha triloxía é xa un clásico contemporáneo da literatura infantil sueca, traducida con éxito en varios países e adaptada a distintos formatos. De texto sinxelo e poético, e ilustracións cálidas coma o verán co que arranca a tenra historia, o argumento céntrase nunha nena que, ante a ausencia da compañía paterna, se refuxia nun lobo de area, un personaxe de fábula que dá respostas ás súas inquedanzas, non exentas de fondo calado filosófico.

  • Editorial Kalandraka. A partir de 8 anos

«VIAXE AO FUTURO»

LAROUSSE EDITORIAL. ILUSTRADOR: BRUNO MARTÍNEZ TABARES

cedidas

Este libro, unha nova mostra de que é posible divulgar con brillantez e amenidade, responde con enxeño, irónicas ilustracións e brincadeiras a esa temida pregunta dos nenos: «E logo, por que...?». Centrado no futuro, nas máquinas e robots que virán e na ciencia do ano 2100, o texto aclara aos mozos, por exemplo, que é un cyborg ou indaga en se viviremos máis de cen anos, se existirán fotos con aroma ou se os drons farán de policías.

  •  Editorial Xerais. A partir de 9 anos 

«LOS ESCRIBIDORES DE CARTAS»

BEATRIZ OSÉS

cedidas

Necesaria y premiada obra (Barco de Vapor 2019) sobre tres niños que se afanan por lograr que el cartero del pueblo, abuelo de uno de ellos, no pierda su trabajo por la ausencia de cartas. La historia, fresca y actual, reivindica la comunicación tradicional y la espera en esta era hiperconectada y de ritmo apresurado. Ilusionante y de personajes románticos, logra que reflexionemos sobre las relaciones humanas, al poner las misivas en contacto a desconocidos del mismo pueblo, así como sobre la apuesta por escribir deseos o confesiones y echarlos al buzón.

  • Editorial SM. De 8 a 11 años. 

«321 CURIOSIDADES QUE TODO EL MUNDO DEBERÍA CONOCER»

MATHILDA MASTERS. ILUSTRACIONES DE LOUIZE PERDIEUS

cedidas

Esta original, variada y entretenida enciclopedia sobre diversos campos del conocimiento humano atrae a las mentes curiosas con sucesivos y sorprendentes datos sobre animales, ciencia, historia, geografía o deportes. Saber que un gato doméstico corre más que Usain Bolt o que los bebés tienen más huesos que los adultos son solo algunas pinceladas.

  • Editorial GeoPlaneta. A partir de 11 años 

«VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES»

JULES VERNE

cedidas

Co atractivo de ser prologado por Ledicia Costas, unha das autoras galegas máis aclamadas e que tamén destacou por homenaxear de forma deliciosa a Jules Verne, arranca unha das grandes revisións do outono, unha coidada edición de expresivas ilustracións. Recolle unha viaxe fantástica, presidida polo mar e por ese sabio e desenganado capitán Nemo que visita a ría de Vigo co seu lendario Nautilus. Unha novela que aínda fascina 150 despois da súa publicación.

  • Tradución de Mercedes Pacheco e Llerena Perozo. Ilustrado por Dani Padrón. Xerais. A partir de 12 anos e para adultos 

«LOBÍSIMO DO SACO. TRES TITIRITADAS»

BERNARDINO GRAÑA

cedidas

O autor cangués, un clásico da literatura galega contemporánea, regresa ao mundo xuvenil con tres pezas de teatro, unha delas inédita e que dá título á obra. As historias, protagonizadas por animais, destilan humor, pero tamén serven de chamada de atención sobre o abuso do poder, a tiranía ou o risco de perder a liberdade.

  • Editorial Galaxia. A partir de 12 anos.

«O GRUPO»

AN ALFAYA

cedidas

Cinco rapaces vulnerables e con experiencias traumáticas reúnense nun centro cívico para espirse emocionalmente e ser tratados por unha traballadora social. Lecturas recomendable para mozos tanto pola temática, pouco usual pero necesaria, como pola forma de tratar os conflitos, desde o plano da convivencia compartida. Un relato actual e de personaxes ben construídos.

  • Xerais. A partir de 14 anos