Do pupitre de clase ao caderno de bitácora

> Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

O Pros partindo do porto de Sevilla
O Pros partindo do porto de Sevilla José Manuel Vidal

02 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O pupitre todos o recoñecemos: constitúe algo así como o revolto, máis ou menos, de canto supostamente serve como depósito especial de sabedoría e de canto segredo non cabe nos petos ou na carteira de estudante. En cambio, o caderno de bitácora (caixiña fixa na cuberta dos navíos que contén a agulla náutica, chamada agulla de marear ou compás) recolle as crónicas da navegación do Pros no seu percorrido ao redor do mundo entre o 10 de agosto do 2019 e o 8 de setembro do 2022, datas que se corresponden coa histórica navegación de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano hai 500 anos. Na conmemoración do quinto centenario daquela xesta, a Asociación de Amigos dos Grandes Navegantes e Exploradores Españois (AGNYEE) impulsa o proxecto denominado «500 anos despois. A vela tras o ronsel de Elcano» (https://cutt.ly/yw1sS3A).

«Por un mundo globalizado e conectado»

«O noso obxectivo agora é non só rememorar aquela fazaña pasada e dar a coñecer o papel que con toda xustiza corresponde a Elcano no relato do comezo da era moderna. Pretendemos, sobre todo, que o coñecemento do modo en que se fraguou o inicio do proceso de globalización, sirva para ampliar e reforzar os lazos que unen aos pobos das ribeiras do Atlántico, o Pacifico e o Índico.

»A idea dun mundo globalizado e conectado, por encima de credos, razas e costumes, cobrou natureza real coa fazaña que Elcano levou a cabo. Posto que a terra era redonda, os homes estaban unidos polo mar. E as ideas, a cultura e os bens materiais podían ser compartidos para o progreso de todos, coas regras adecuadas. O mar únenos, non nos separa. E ao crear lazos estables entre os seres humanos aproxima as nosas vidas, as nosas ideas e os nosos anhelos. Tamén os nosos valores.

»A procura da paz, a dignidade humana, o progreso social son hoxe, felizmente, aspiracións compartidas que queremos impulsar con todos os habitantes do planeta. Esa é a globalización que desexamos e a que esperamos chegar a coñecer. Un proceso cuxos cimentos puxo Juan Sebastián Elcano, un vasco de Guetaria, hai cincocentos anos, á fronte dunha expedición impulsada e financiada pola Coroa española» (https://agnyee.com/v-centenario/).

1. O PORTO DE CHEGADA OU... O CAMIÑO DA ESCOLA?

Seguro que se a cada un de nós, alumnos de cada colexio, nos pedisen o plano de rúas, estradas, camiños, voltas e revoltas para chegar a pé ao mesmo colexio onde estudamos e traballamos, o trazado, máis ou menos vistoso, sería bastante certeiro. Pois aquí tes o plano que deberá percorrer o Pros, seguindo a Expedición de Magallanes-Elcano:

? https://agnyee.com/v-centenario/

2. TRIPULANTES VOLUNTARIOS

Xa se teñen cualificado 42 tripulantes nos adestramentos que tiveron lugar desde o 2016 ata o 2018. Rotaranse co compromiso mínimo de permanecer un mes a bordo. Á parte dos tripulantes fixos e profesionais para o control técnico do barco. «Incluíu un curto período de navegación [...] co obxectivo non só de verificar as habilidades mariñeiras dos tripulantes, xa que se supón que quen se embarca nunha aventura destas características tenas en maior ou menor medida, senón tamén para comprobar a súa capacidade de convivencia nun espazo reducido [...], que é talvez dos fenómenos máis críticos cos que nos podemos atopar nunha aventura desta índole».

 

3. O VELEIRO PROS

O barco dispón dun motor auxiliar, pero «a idea é facer todo o periplo a vela». «O combustible é limitado. Aínda que o veleiro leva 2.000 litros de gasóleo, non dá para moito nunha travesía oceánica. O motor utilizarémolo de en vez en cando, para algunha manobra concreta, pero pouco máis», comentou Solá, que destacou que a asociación contou coa axuda da Armada Española «desde o principio» para deseñar o percorrido concreto, que inclúe seis grandes escalas e 21 subescalas.

Unha singradura como esta, asucando os océanos do mundo, resulta ao tempo unha excelente oportunidade para pulsar o estado de saúde dos mares. O Pros tomará mostras de contaminación por microplásticos que servirán para dotar de información precisa a un estudo científico liderado polo Instituto Español de Oceanografía.

 

4. ACTIVIDADES

Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible no Mundo

A1. O 25 de setembro do 2015, os líderes mundiais e a ONU acordaron un conxunto de obxectivos globais para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sostible.

A2. Pero (un novo logro dos que deron a volta á terra) agora eses 17 obxectivos convertéronse en 18 en memoria dos 18 navegantes que hai 500 anos volveron a España.

A3. En próximas edicións de La Voz de la Escuela falaremos deles, dando oportunidade a o que se nos indica como meta importante da frase que resume o sentido xeral de todas nesta Terra e sen límites: «Fagamos posible o cambio xuntos»: Fin da pobreza / Fame cero / Saúde e benestar / Educación de calidade / Auga limpa e saneamento / Enerxía alcanzable e non contaminante / Traballo decente e crecemento económico / Industria, innovación e infraestruturas / Redución das desigualdades / Cidades e comunidades sostibles / Acción polo clima / Vida submarina / Vida de ecosistemas terrestres / Paz, xustiza e institucións sólidas / Alianzas para lograr os obxectivos

? https://cutt.ly/Xw1dd7u

A4. Caderno de bitácora: «Dentro de 20 anos estarás máis decepcionado polas cousas que non fixeches que polas que fixeches. Así que solta amarras, navega lonxe de portos seguros, colle os ventos alisios. Explora. Soña» (Mark Twain).