Os accidentes de tráfico

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

ensemos nas causas dos accidentes de tráfico e busquemos solucións
ensemos nas causas dos accidentes de tráfico e busquemos solucións Santi M. Amil

Na primeira páxina fixámonos no dereito que a Constitución española recoñece e protexe sobre «comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión». Agora, invitámosvos a pór en práctica outro dereito, que tamén recoñece a Constitución que mañá está de aniversario: o dereito á produción e creación literaria, artística, científica e técnica. Cal é a vosa opinión, por exemplo, nun tema tan importante como son os accidentes de tráfico? Tes algunha proposta? Hoxe propomos ideas para analizar en clase as causas e posibles solucións dun tema que ocupa, día tras día, as páxinas do xornal.

05 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Causas dos accidentes de tráfico As solucións Táboas estatísticas do Ministerio do Interior

Dividides a clase en grupos de tres. Imos debuxar dous diagramas de araña. A figura vai ser a mesma nos dous diagramas, pero o obxectivo é distinto. Eliximos un tema que imos analizar. Neste caso, por exemplo, a noticia dos accidentes de tráfico. No diagrama 1 (DC) analizaremos as causas (oito) dos accidentes. E no diagrama 2 (DS) anotaremos as posibles solucións (oito) para evitalos.

DIAGRAMA 1

  • Nun papel trazades unha circunferencia e dividídela con liñas en oito partes iguais, o cal compón unha figura de oito triángulos.
  • Despois rematades cunha liña recta cada unha das oito bases dos triángulos, para que asi? se parezan máis aos fíos interiores dunha arañeira.
  • Dentro de cada triángulo trazades nove liñas paralelas ascendentes, que deixan dez espazos en branco desde a base á cima do triángulo, tal como se ve na figura adxunta.
  • No medio de cada un destes dez espazos, comezando pola base, escribides un número do 1 ao 10, que servirá despois para a puntuación que deades a cada unha das causas dos accidentes de tráfico.
  • En cada unha das oito bases do triángulo colocades unha letra (A, B, C, D, E, F, G, H), que representa unha causa que vós xulgades importante neste tipo de accidentes: velocidade excesiva, non facer stop, etcétera, ata cumprimentar as oito causas ao redor de arañeira.
  • Que importancia lle dades á velocidade excesiva como causa dos accidentes? Un 4, por exemplo? Pois enchedes de vermello o espazo que leva o número 4 do sector no que está escrito o título desa causa.

DIAGRAMA 2

Ante estes datos, a pregunta que podemos discutir na escola é: que medidas, ao teu xuízo, serán máis eficaces para lograr reducir o número de falecidos polos accidentes de tráfico?

  • De novo, debuxade outro diagrama de arañeira. Escribide e puntuade de 1 a 10 cales serían, ao voso xuízo, as medidas máis eficaces para evitar cada unha das causas A, B, C, D, etcétera.

RECURSOS

O Ministerio de Interior publicou recentemente as táboas estatísticas dos accidentes de tráfico con vítimas, tanto en vías interurbanas como en vías urbanas. Contén todos os datos desde 1998 ata o 2016 e pódelos consultar nesta dirección:

  • goo. gl/G7fPXw

A continuación recollemos outros datos relevantes e moi recentes, como podes comprobar.

  • Controis. 380.117 vehículos foron controlados polos axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil durante a última campaña que a Dirección Xeral de Tráfico fixo nas estradas convencionais do 5 ao 11 de novembro.
  • Obxectivo. O obxectivo da campaña foi concienciar os condutores e controlar o seu comportamento mentres circulaban por aquelas vías que non dispoñen de separación física de ambos os sentidos de circulación e que, a pesar de ter unha menor densidade de tra?fico, presentan unha maior sinistralidade.
  • Denuncias. Durante os sete días, os axentes de Tráfico denunciaron a 18.538 condutores por incumprir algún dos preceptos recolleitos na normativa de tráfico e seguridade viaria.
  • Drogas. Respecto dos positivos por circular tendo consumido drogas, os axentes de Tráfico interceptaron a 694 condutores que deron positivo nas devanditas probas. Os condutores que deron positivo en alcol foron 794.
  • Cinto de seguridade. Outra das infraccións máis habituais foi non usar o cinto de seguridade. Só nunha semana, 1.129 persoas foron denunciadas por non levar posto o cinto de seguridade mentres viaxaban e outras 74 por non levar aos menores que transportaban co seu correspondente sistema de retención infantil.
  • Móbil. O uso do móbil ou levar auriculares durante a condución segue sendo unha acción habitual entre algúns condutores. Nunha semana, e só en estradas convencionais, 1.017 condutores foron denunciados por distraccións ao volante. 751 destas denuncias corresponden ao uso de móbil mentres conducían.
  • Velocidade. Nesta campaña 7.491 condutores foron denunciados por circular a unha velocidade superior á permitida.
  • Adiantamentos. Durante unha semana, 277 condutores foron sorprendidos realizando un adiantamento antirregulamentario e outros 298 non respectando un sinal de stop ou de ceda o paso.

PUBLICACIÓN

Se logrades en grupo estes dous diagramas, podedes enviárnolos e publicarémosvolos. Enviádeo a este enderezo: churepe@telefonica.net