Ensinar ben para recordar mellor

Jesús Garrido / chuchogarrido@icloud.com

LA VOZ DE LA ESCUELA

Monte de Froxán, en Lousame, o concello onde máis chove de Galicia
Monte de Froxán, en Lousame, o concello onde máis chove de Galicia MARCOS CREO

Chega o mes de maio e achéganse os exames. E, aínda que ás veces as notas finais non se diferencian moito do que vén sucedendo ao longo do curso, o que resulta tamén moi importante é a mellora do alumno na súa capacidade de aprender. Para entendérmonos mellor, e atendendo ao campo en que estamos, non de materias, senón de estudo de noticias, expomos as sete claves (7R) de aprendizaxe progresiva (de menos a máis), que os profesores verán se lles serve ou non despois para aplicalas aos resultados no dominio das materias. Estas claves que nos serven de referencia coinciden en parte coas que describe Marilee Sprenger no seu libro «How to Teach so Students Remember». Recomendamos a súa lectura e a do amplo informe sobre o tema: www.ascd.org

02 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Eliximos unha noticia publicada en La Voz de Galicia o pasado 6 de abril co título «Lousame, o lugar onde máis chove de Galicia». Esta información converteuse na Noticia do día da web de Prensa-Escuela. A continuación formulamos frases ou datos que utilizamos para que o alumno se implique dalgún xeito na noticia e deixamos unha paréntese (…) para unha puntuación de 0 a 3 da validez e eficacia da acción concreta que propomos.

¡Atención! Todo é un xogo, unha promoción libre e creativa de ideas, unha forma de participación para que suscite daquela a reflexión cun equipo breve de profesores ou alumnos e se vexa a motivación que suscitamos para a súa implicación importante na aprendizaxe da noticia e… na súa aplicación, talvez, posterior á aprendizaxe das materias na aula.

 

1. Reclamo

Ten moita importancia que se presente a noticia dun xeito que o alumno reaccione e non se manteña pasivo, indiferente.

Emoción: Suscitamos a reacción do alumno con esa noticia (…)

Persoal: Demostramos que a noticia lle interesa ao alumno (…)

Novidade: Mostra de aspectos novos que fan atractiva a noticia (…)

Posibilidade: Demostra que é capaz de estudar ben esa noticia (…)

Importancia: ¿Por que é importante a noticia, por que lle afecta? (…)

2. Reacción

É moi interesante comprobar que reacción se produciu no alumno ante o reclamo que fixemos sobre a noticia ou sobre un tema de estudo:

Pregunta: Facilitamos que o alumno formule os seus intereses na noticia (…)

Recorda: Se non recorda datos sobre a noticia, búscaos espontaneamente (…)

Visualiza: Anota, visualiza, formula de diversos modos a noticia (…)

Imaxina: É capaz de imaxinar e comunicar como puido producirse a noticia (…)

Colabora: Interésase polas ideas dos demais e achega a súa sobre a noticia (…)

3. Reflexión

Ante as dúas primeiras fases de reclamo e reacción espérase que xurda algo de verdade propio do alumno. Podemos comprobar en que medida se vai producindo:

Interpreta: ¿Trata de ofrecer a súa versión sobre as causas da noticia? (…)

Exemplifica: Busca exemplos e situacións parecidas á noticia que se estuda (…)

Clasifica: ¿Intenta catalogar o tipo de noticia e buscar outras similares? (…)

Compara: Fai comparacións desde o punto de gravidade, frecuencia (…)

Deseña: Demostra capacidade de presentar diversos pasos da noticia (…)

4. Reforza

Entramos agora na fase decisiva e moi persoal despois do reclamo reacción reflexión propia. Comeza algo que é totalmente reacción propia, o que demostra o seu interese por aprender máis e mellor o que foi acadando nas tres etapas anteriores:

Busca apoio: Busca apoios eficaces para reforzar o coñecemento da noticia (…)

Pregunta: Fai preguntas sobre quen, cando, onde, por que, como… (…)

Compara: Presenta noticias diversas e sitúa a importancia de cada unha (…)

Colabora: Axuda e pide colaboración sobre datos da noticia (…)

Programa: Ordena tempos, fontes de información sobre a noticia (…)

5. Repasa

Nesta etapa (R5) o alumno volve sobre si mesmo e o apreso, demostrándoo con estas cinco variantes que reforzan o que xa, supostamente, é de seu:

Controla: É capaz de informar en que paso está do seu estudo da noticia (…)

Comproba: Intercambia información con outros e a súa situación no seu traballo (…)

Memoriza: É capaz de comunicar de memoria o que fixo, incluíndo datos (…)

Repite: Comproba máis dunha vez o que vai facendo e anota o que lle falta (…)

Recorda: É capaz de informar de todo o proceso sobre o feito (…)

6. Revisa

É xa, supostamente, unha fase de perfección do apreso, polo que o alumno declárase dono e reformador positivo da súa propia aprendizaxe:

Reforma: Logra reformar o seu traballo se ve que non está claro nalgún aspecto (…)

Puntualiza: É capaz de centrarse no principal e contalo brevemente (…)

Sintetiza: É capaz de inventar un título e poñer subtítulos ao realizado (…)

Pregunta: Formula ao profesor preguntas que non teñen as respostas na noticia (…)

Simplifica: É capaz de simplificar os resultados en breves esquemas (…)

7. Recupera

Etapa final creativa na que busca máis e abre o campo a maior comprensión:

Valora: É capaz de valorar o seu traballo en tempo, calidade e aprendizaxe lograda (…)

Concreta: Valora un tempo de exposición verbal do seu traballo (…)

Suxire: Indica que é o que lle falta ao texto da noticia para a súa investigación (…)

Repara: Recoñece erros ou defectos no seu traballo e modifica as súas respostas (…)

Resume: É capaz de presentar en vídeo o esquema da súa información (…)