Galicia, Auga, Literatura e Rap

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

CONCURSO ESCOLAR PARA ALUMNOS DE PRIMARIA E SECUNDARIA

31 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O título reflicte as claves do concurso, convocado por Viaqua e La Voz de Galicia e dirixido a alumnos de educación primaria e secundaria, que pretende contribuír á concienciación sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso. O obxectivo é que os escolares destaquen pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega nas que estea presente a auga, para realzar o vínculo entre Viaqua e os valores esenciais da cultura galega. E a novidade desta cuarta edición é a dinámica do concurso: alumnos, de xeito individual ou en grupos dun máximo de catro, deberán elixir un poema ou relato que se atopen no dominio público e gravar un vídeo, desde calquera dispositivo, no que fagan unha versión rap.

A convocatoria está aberta a todos os nenos e mozos de entre 6 e 16 anos residentes en Galicia. Os traballos poderán presentarse en castelán ou galego e o prazo de presentación finaliza o 11 de maio do 2018.

Poderán enviarse por correo electrónico á dirección marketing@lavoz.es, indicando no asunto «Concurso: Galicia, Auga, Literatura e Rap» ou ben entregarse en persoa en calquera das delegacións do xornal La Voz de Galicia nun lapis de memoria.

O vídeo irá acompañado dunha breve explicación do porqué da obra escollida, así como dunha referencia ao colexio, curso e aula do alumno.

Un xurado valorará a orixinalidade dos traballos para destacar a importancia de coidar o medio ambiente e a auga. E seu fallo será inapelable e calquera traballo poderá publicarse na páxina web do Programa Prensa-Escuela (www.prensaescuela.es) e no xornal La Voz de Galicia (edición impresa e dixital), así como noutros medios ou soportes que a organización estime oportunos. A data de publicación do fallo será o 31 de maio do 2018.

 

BASES

As bases do concurso están publicadas na web do Programa Prensa-Escula (www.prensaescuela.es) e nelas facilítanse todos os datos desta convocatoria, así como os premios aos gañadores, á aula e aos profesores responsables de supervisar o traballo dos alumnos. Xunto coas bases, achégase un modelo de autorización para participar cuxa presentación é imprescindible.