Galiciencia espera os vosos proxectos

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

31 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O prazo para presentar proxectos para a Galiciencia 2018 está aberto ata o vindeiro 28 de febreiro. A próxima cita da maior feira científica de Galicia, convocada polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole será os días 9, 10 e 11 de maio, e terá o cambio climático como tema central.

Nela poderase ver os 80 proxectos seleccionados para esta 13.ª edición, 50 deles de estudantes de secundaria, bacharelato e FP que competirán polo premio e outros 30, de alumnos de primaria e educación especial, fóra de concurso. Este ano, como novidade, haberá premios específicos para os proxectos sobre o tema central.

As bases para participar no evento, que terá lugar nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, están dispoñibles en www.galiciencia.com.