Noticias do calendario 2018

Jesús Garrido / chuchogarrido@icloud.com

LA VOZ DE LA ESCUELA

A Valeta sera unha das cidades que este ano celebrarán ter sido elixidas capitais culturais europeas
A Valeta sera unha das cidades que este ano celebrarán ter sido elixidas capitais culturais europeas Kirkandmimi

Existen polo menos tres clases de noticias: as que non se esperan e se presentan sen permiso algún; as que se esperan, pero non se sabe moi ben o seu perfil e tempo exacto; as que xa sucederon e se garda memoria delas. O calendario de festividades mundiais que, por exemplo, nos ofrece a ONU. Para cada ano teñen o seu calendario ben marcado e, ademais, véselles a súa intención: conmemóranse feitos, personaxes e festividades para non esquecer momentos especiais. Os organismos que teñen sorte e buscan mellorar a súa existencia e obxectivos proclaman nada menos que anos enteiros para dar relevancia á súa causa: así, por exemplo, o Ano do Patrimonio Cultural Europeo, o Centro de Noticias da ONU, os biólogos e as súas matemáticas e incluso a Wikipedia, que quere abranguer incluso as noticias do futuro. Para eles e para outros máis silenciosos, pero que merecían darse a coñecer, este Panel da 2 e que vivan as boas noticias para todo o ano.

17 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Días mundiais 2018

As conmemoracións que nos recorda a ONU comezan coa cita do 1 de xaneiro, Ano Novo, e o 27 recórdase xa o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto. Finaliza co Día Internacional da Solidariedade Humana (20 de decembro) e co Nadal (25 de decembro). En total, máis de 170 conmemoracións ao longo de todo o ano, distribuídas desta forma:

Xaneiro: 1. Febreiro: 12. Marzo: 27. Abril: 22. Maio: 19. Xuño: 18. Xullo: 7. Agosto: 12. Setembro: 13. Outubro: 21. Novembro: 15. Decembro: 10

ACTIVIDADE: Consulta tamén as ligazóns en vermello, que indican normalmente o organismo responsable da celebración e o informe da súa actividade, que pode ser útil para o desenvolvemento de información e recursos: goo.gl/zhj3E1

 

Ano Europeo do Patrimonio Cultural

O 9 de febreiro do 2017, os representantes do Consello e do Parlamento Europeo alcanzaron un acordo provisional sobre a celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural (2018). O patrimonio cultural abarca recursos do pasado en moitas formas e aspectos, entre eles, monumentos, paraxes, tradicións, coñecementos transmitidos e expresións da creatividade humana, así como as coleccións conservadas e xestionadas por museos, bibliotecas e arquivos.

Desde fai uns 30 anos, a Unión Europea reforza a importancia do patrimonio cultural pasado e presente das cidades europeas, mediante o programa Capital Cultural Europea. Desde que Atenas ostentou este título por primeira vez en 1985, 54 capitais europeas foron elixidas en edicións sucesivas, entre elas as españolas Madrid, Santiago de Compostela, Salamanca e San Sebastián. Este recoñecemento pon de relevo a riqueza e a diversidade cultural de Europa, así como a súa herdanza e historia compartida. Este ano as capitais culturais europeas serán a capital de Malta, A Valeta, e Leeuwarden, unha cidade de Frisia, nos Países Baixos.

ACTIVIDADE: Selo de Patrimonio Europeo: 29 lugares. Que é? Que lugares o teñen? Que significa? (goo.gl/GiURv2)

 

Centro de Noticias ONU

Ademais da noticia máis ampla sobre anos internacionais declarados pola ONU, existe tamén o Centro de Noticias ONU, que día a día, ao longo de cada mes, vai indicando os problemas que teñen unha resonancia mundial. Así, por exemplo, no dez primeiros do mes de xaneiro 2018 figuran noticias como estas, que teñen unha especial importancia para a escola e, en xeral, para o mundo da educación:

  • Mortal comezo de ano 2018 para centos de inmigrantes que cruzan o Mediterráneo.
  • Miles de nenos rohingyas permanecen esquecidos no estado de Rahkine, alerta Unicef.
  • Máis de cinco millóns de nenos somalís reciben vacina contra o xarampón en campaña masiva.
  • Chamada a todas as nacións para asegurar a supervivencia dos recentemente nados: dos aproximadamente 366.000 bebés que naceron durante o 1 de xaneiro, un 90 % fixérono nas rexións menos desenvolvidas do mundo, segundo os cálculos do fondo da ONU para a Infancia (Unicef).

ACTIVIDADES: Tes acceso a todas estas noticias e as que van sucedendo cada día do mes durante todo o ano, seguidas tamén dun estudo e comentario breve sobre como pode establecerse a nosa colaboración: goo.gl/r1583R.

 

Ano Internacional da Bioloxía Matemática

Proclamado por dúas sociedades: a European Mathematical Society (EMS) e a European Society for Mathematical and Theoretical Biology (ESMTB), os principais obxectivos desta celebración son sinalar o incremento e a importancia das aplicacións das matemáticas á bioloxía e ás ciencias da vida e fomentar esta interacción. É un camiño de ida e volta onde non só se aplican as matemáticas, senón que a bioloxía proporcionou importantes desafíos para ser afrontados polos matemáticos.

ACTIVIDADES: Consulta este blog publicado por Matemáticas e as súas Fronteiras: goo.gl/iApmjC