A noticia a debate

Jesús Garrido / jgs@cursosrepeducador.com

LA VOZ DE LA ESCUELA

Nenas sirias desprazadas nun campamento para refuxiados asisten a clase
Nenas sirias desprazadas nun campamento para refuxiados asisten a clase ZEIN AL RIFAI

Recollendo o reto que presentamos en primeira páxina sobre as actividades e recursos que propón o xornal «The Guardian» para discutir sobre as noticias, podemos formular un tema para establecer un debate en clase e ver como o facemos, seguindo, ademais da inspiración persoal que cada un teña, unha serie de bos consellos.

26 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Presentamos un tema para debater, un tanto rebuscado, por suposto, para resaltar o terrible contraste. Os nenos de Siria sen aulas / Os nenos de Singapur facendo relax.

  • Que che suxiren ambas as situacións? Que se pode facer? Quedamos só en sentimentos: que mal o pasan uns!, como gozan outros!, podemos dicir eu non teño a culpa...? Que facer? Simplemente sabelo?, aplicalo a outras situacións máis próximas? Cada un dirá.
  • Nomeamos un animador do debate e o número breve de persoas que participen directamente na discusión… e a traballar.

NOTICIA 1

Segundo informa o xornal Los Angeles Times, a educación é xa unha das principais vítimas dos sete anos de guerra. Case dous millóns de nenos e mozos non puideron ir á escola e moitos deles teñen xa un atraso de máis de seis anos nos seus coñecementos en matemáticas e lectura, segundo datos achegados polo International Rescue Committee. Antes da guerra, existían unhas 22.000 escolas no país. Hoxe en día, 7.400 foron pechadas e as poucas que permanecen funcionando carecen de servizos sanitarios, auga e condicións hixiénicas. Nunha enquisa feita aos nenos de 13 anos, case a metade deles non podían responder a preguntas correspondentes a nenos de 7 anos.

Outro dato: preto de seis millóns de nenos entre 5 e 17 anos non poden ir á escola pola inseguridade que existe no camiño.

  • Vídeo: goo.gl/X1Z95r

NOTICIA 2

Nesta segunda noticia, sobre como se relaxan os alumnos da Westwood Primary School de Singapur, mantemos a información en inglés, que é fácil de comprender, e que facilita o seguimento do vídeo que se suxire ao final da noticia:

«Pupils at Westwood Primary School participate in daily mindfulness sessions. The two minute-session takes place after recess. The mindful breathing routine help them regulate their emotions. The program was introduced to upper primary pupils in 2016. It was extended to all levels in 2017. The school organises an anual week-long Thrive Fiesta centred around mindfulnes.

»I practice mindful breathing / I can concentrate longer / I am more aware of my body / I feel more relaxed /Activities include balancing sessions, cup-stacking games, mini-Jenga».

  • Pupils find calm with «mindful breathing»: http://str.sg/4h8B

ESTRUTURA TÉCNICA DO DEBATE

Como organizar en clase unha análise crítica das noticias ou dos textos de opinión. Suxerímosche unha serie de pasos fundamentais sobre a estrutura dinámica do debate que podemos levar a cabo sobre as dúas noticias que expomos hoxe:

  • Sitio, tempos, posibilidade final de preguntas.
  • Tema, título: Que título lle poriamos ao debate tendo en conta as situacións de ambas as noticias: indicativo, descritivo, valorativo, figurado?
  • Obxectivo: Que se pretende ao pór xuntas ambas as situacións con eses dous textos para o debate?
  • Datos: Que datos son os máis sobresaíntes en ambas as noticias? Podemos formulalos para que non se nos escape ningún?
  • Interpretación: Que sentido lles dás a eses datos? Estás de acordo con esa interpretación?
  • Punto de vista: En que punto de vista nos podemos colocar para a discusión? Por exemplo: ideolóxico, económico, cultural, relixioso, político, dunha profesión ou actividade laboral…
  • Idea central: Cal é a idea que resume mellor a opinión de cada un no debate?
  • Supostos: Que dan por suposto cada un dos que están a participar no debate? Ao teu xuízo, quen se equivocan ou acertan no que din? Que dirías ti?
  • Conclusións: En definitiva, que conclusións sacaron? Están claras? Son posibles? Son útiles?
  • Implicacións: Implicáronse todos os participantes no debate para chegar a un acordo ou cada un quedou co que dicía e non tratou de entender as ideas e sentimentos dos demais?
  • Implicaríaste ti no que se propón? Si, non, por que?
  • Opinión xeral sobre o debate. Organizamos máis cada mes, cada 15 días? Eliximos noticias e grupos de debate sobre noticias invitando a profesores e familias?