A gran marcha pola ciencia e pola Terra

> Jesús Garrido / churepe@telefonica.net

LA VOZ DE LA ESCUELA

A nave rusa Soyuz TMA-11M orbita arredor da Terra
A nave rusa Soyuz TMA-11M orbita arredor da Terra Jerry Wright, NASA

Non é doado colocar nunha soa páxina a Terra enteira, tal como merecería este día 22 de abril do 2017. Nin caberían nas nosas aulas as miles de persoas que nesa xornada claman nas rúas polo hábitat de todos. Por outra banda, é certo que o tema do clima e a natureza, o aire libre, a árbore verde e todo o que soa a terra, aire e auga mantén en vivo nosa ansia de xardín interior. Pero o tema é duro e urxente. Por iso ímonos unir, é só unha suxestión, á gran manifestación que desde 1970 tomou forza en Washington, e que segue sendo símbolo e eco de boas accións. Toda a Terra ou, máis simplemente, a terra que, ás veces, parece que só pisamos, agradeceránolo.

19 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A CIENCIA QUE COIDA DO NOSO PLANETA NON É NIN LIBERAL NIN CONSERVADORA 

A gran marcha pola ciencia, da que falamos, celébrase en Washington cada 22 de abril, o Día da Terra, e ten como obxectivo dar a coñecer o servizo que a investigación científica logra para todos. A ciencia protexe o aire que respiramos, a auga que bebemos, salva a nosa vida inventando medicamentos eficaces, crea novas industrias, trae cada día alimentos para as nosas mesas, proporciona educación para futuras xeracións. A ciencia non é demócrata nin republicana, nin liberal nin conservadora e vai máis a alá do sistema que comparten os Gobernos.

O Día da Terra naceu en 1970 e é unha chamada de atención á súa protección e desenvolvemento en todo o mundo. Este ano ten como obxectivo principal a educación. É necesario crear e desenvolver o sentido dunha cidadanía global que sexa consciente do concepto de cambio climático e da súa actual ameaza ao planeta no que vivimos. Non basta con crear só grandes leis e propostas. É necesario crear e avanzar no desenvolvemento de tecnoloxías, sistemas educativos profesionais e postos de traballo. Crear novos proxectos e sistemas educativos, promocionar a investigación científica: www.earthday.org

ACTIVIDADES

 Para conectarse co mundo enteiro, aí van unhas ligazóns da Earth Day Network (Rede do Día da Terra):

  • Website: http://earthday.org/marchforscience
  • Facebook: http://facebook.com/earthdaynetwork
  • Twiter: http://twitter.com/earthdaynetwork
  • Instagram: https://www.instagram.com/earthdaynetwork/
  • Contacto: info@earthday.org

Recursos e ferramentas para utilizar na clase

A educación é a base para o progreso científico. Necesitamos lograr na escola ese sentido de cidadanía global que sexa consciente da súa responsabilidade sobre o cambio climático e teña conciencia do risco e ameaza que existe sobre o noso planeta. E, en consecuencia, que actividades debe evitar ou pór en práctica para lograr unha protección eficaz do medio ambiente.

A Earth Day Network propón varias actividades ao longo da semana na que se celebra o Día da Terra:

  • http://www.earthday.org/earthday/toolkits/

 Entidades de goberno e industria local

 Algunhas sesións de conversación e discusión na escola con representantes de organismos oficiais que teñen algo que ver coa política e o desenvolvemento económico, industrial, ambiental.

 A Earth Day Network propón un amplo programa de traballo baixo o título Global Day of Conversation Toolkit. Ás veces resulta algo comprometido e non fácil a primeira proposta con profesionais políticos do medio ambiente, aínda que sempre depende tamén de cada localidade e situación do colexio. Pero todo é querer e... sempre existen profesionais próximos que poden axudar incluso a nenos moi pequenos.

  • Ideas: goo.gl/rEjBht

 Educación primaria e secundaria

 Aquí é onde a Earth Day Network suxire unha ampla oferta que, ao seu xeito, vale para todos ou suxire campos interesantes para facer algo nesta Terra que a todos dá vida e a todos necesita. O Día da Terra cae en sábado, din, e todo o mundo está libre de clases, pero non da Terra que cada día pisas e queres. ¿Facemos algo, insiste?

Programa calendario

Propón e explica despois a Earth Day Network que facer cada xornada desde o 22 (Día da Terra) ata o 28, unha semaniña na que ninguén vai rebentar con todo iso: Terra, medio ambiente, Green Jobs, Conmunity Action Day, Civic Action, Science in the Classroom. Todo perfectamente definido, modelo de programación con diversas actividades… Para pequenos, medianos e maiores.

Propón tamén recursos, especialmente para maiores, con ligazóns a diversas fontes de investigación e datos: enerxía, clima, medio, futuro da Terra, conferencias, atmosfera, ecoloxía, premios mundiais...

ACTIVIDADE

Ademais do traballo e das actividades suxeridas para o Día da Terra podes conectar, por exemplo, con diversas suxestións e vídeos que nos falan da situación das árbores, a ciencia e a terra, o clima, os animais en perigo de extinción, as baleas en Nova Zelandia, o xeo da Antártida, imaxes para carteis na túa aula… Telo todo se picas esta dirección abreviada: goo.gl/o35OfM