Relixión e sociedade. Unha proposta de influencia mutua en escolas de Inglaterra

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

A materia de Relixión promove o respecto mutuo e a tolerancia. Na imaxe, un belén feito no colexio Amadeo Barroso
A materia de Relixión promove o respecto mutuo e a tolerancia. Na imaxe, un belén feito no colexio Amadeo Barroso Santi M. Amil

O programa Religious Education in English Schools / Non-Statutory Guidance proporciona puntos de reflexión comúns de política educativa e relixión que ocupan a primeira páxina de La Voz de la Escuela de hoxe. O desenvolvemento do documento é amplo e seleccionamos soamente dez puntos básicos da súa introdución, que poden servir na aula de reflexión sobre o tema que hoxe nos ocupa.

07 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A conexión relixión-sociedade na escola

A relixión e as crenzas informan os nosos valores e reflíctense no que dicimos e como nos comportamos. É un tema importante en si mesmo o desenvolvemento dun individuo mediante o coñecemento e comprensión das relixións e crenzas que forman parte da sociedade contemporánea.

 

1. Preguntas. A educación relixiosa provoca preguntas desafiantes sobre o último significado e propósito da vida, crenzas sobre Deus, o eu e a natureza da realidade, as cuestións do ben e o mal, e o que significa o ser humano.

2. Respostas. Pode desenvolver o coñecemento e comprensión dos alumnos sobre o cristianismo, sobre outras relixións, outras tradicións relixiosas e visións do mundo que ofrecen respostas a preguntas como estas.

3. Respecto e tolerancia. Tamén contribúe ao desenvolvemento persoal e ao benestar dos alumnos e á cohesión comunitaria mediante a promoción do respecto mutuo e a tolerancia en sociedade.

4. Cidadanía. Pode facer importantes contribucións a outras seccións da escola: desenvolvemento do currículo de Cidadanía, a saúde persoal, social, a economía, as humanidades.

5. Reflexión persoal. Ofrece oportunidades de reflexión persoal e desenvolvemento espiritual, afondando a comprensión do significado da relixión na vida dos demais, individual, comunitaria e culturalmente.

6. Preparación para a vida. O artigo 78 da Lei de Educación do 2002 establece que todos os alumnos deben seguir un equilibrado e amplo programa que promova o sentido espiritual, moral, cultural, social, mental e físico dos alumnos e da sociedade.

7. Relixións e crenzas. Aprender sobre relixións e crenzas, a través do coñecemento, a comprensión e as habilidades contidas dentro de cada unha. Explorar os conceptos de relixión e crenzas e o seu papel na vida espiritual, moral e cultural das persoas nunha sociedade diversa axuda ás persoas a desenvolver conciencia moral e a comprensión social.

8. Desenvolvemento persoal e benestar. Desempeña un papel importante na preparación dos alumnos para a vida adulta, a aprendizaxe permanente. Axuda aos nenos e mozos a ter éxito como estudantes, individuos seguros e cidadáns responsables.

9. Compromiso moral. Dálles coñecementos, habilidades e comprensión para discernir e valorar a verdade e a bondade. Fortalece a súa capacidade para facer xuízos morais e para avaliar diferentes tipos de compromiso para tomar decisións positivas e saudables.

10. Cohesión comunitaria. Proporciona unha importante contribución ao deber da escola de promover a cohesión da comunidade. Proporciona un contexto chave para desenvolver a comprensión dos mozos, a valoración da diversidade, promove o goce de valores compartidos, evitando o racismo e a discriminación.

 

> PARA SABER MÁIS

Religious Education in English Schools / Non-Statutory Guidance: (goo.gl/sBec5x)