Noticias sobre tolerancia e intolerancia

Presentamos cinco campos de noticias onde a non aceptación dos demais, a indiferenza cos que che rodean, o desexo de dominio, os prexuízos fan xurdir brotes intolerantes que é necesario analizar para que só o respecto e a aceptación da diversidade senten as bases educativas dunha convivencia intelixente

O fútbol base ten valores máis importantes có resultado
O fútbol base ten valores máis importantes có resultado

POLÍTICA

Os xenófobos apupan a Merkel no aniversario da reunificación alemá 

A crise migratoria asumiu a función que outrora desempeñara o Muro de Berlín, e divide hoxe á sociedade alemá entre os que defenden a pluralidade

(La Voz, 4/10/2016) Nunca antes a locomotora europea celebrara un aniversario da súa reunificación tan polarizada como onte, 26 anos despois de que o leste e o oeste se uniran novamente, a crise migratoria asumiu a función que outrora desempeñou o Muro de Berlín, e divide hoxe á sociedade alemá entre os que defenden a pluralidade e aqueles que rexeitan a chegada de refuxiados porque temen a extranxeirización do país.

  •  ACTIVIDADES. Le a noticia enteira e, para comprendela mellor, conecta a través da Wikipedia co Muro de Berlín.

DEPORTE

«O que gaña 25-0 tampouco crece; o seu obxectivo deixa de ser desafiante» 

A familia debe reforzar a diversión e o esforzo, por encima do resultado deportivo

(La Voz, 6/10/2016). A doutora en psicoloxía Graciela Lois Río, secretaria de Epside (Asociación Galega de Especialistas en Psicoloxía do Deporte e Actividade Física) alerta sobre o mal funcionamento do fútbol base, no seu labor formativo. Explica que técnicos e pais deben implicarse para evitar o exceso de competitividade, que dá orixe a resultados como o polémico 25-0 ao Eirís infantil, do pasado sábado. Prímase o resultado sobre o esforzo, valórase máis a competitividade que a cooperación, prémianse as individualidades e descóidase a empatía cos demais.

  • ACTIVIDADES. ¿En que sentido valorar máis a competitividade que a cooperación pode incidir na falta de atención e respecto aos demais? Consulta o significado dos termos competitividade e cooperación no dicionario da RAE.

 RELIXIÓN

Cen anos de Igrexa evanxélica en Ares 

A comunidade protestante celebra este ano o primeiro século de vida dunha capela na que se segue celebrando culto todas as semanas e que conta con 80 fregueses

(La Voz, 15/9/2016) Nos primeiros anos da segunda década do século XX, os misioneiros protestantes George Davis e Henry Payne visitaron Ares en numerosas ocasións para repartir literatura evanxélica, pero nunca foron recibidos cos brazos abertos. Os veciños mirábanlles mal e incluso chegaron a ser despedidos a pedradas nalgunha ocasión. Non obstante, todo cambiou en 1916. Para celebrar eses cen anos de vida, a comunidade protestante inaugurou o pasado mes de xullo a exposición 100 anos de vida da Igrexa evanxélica de Ares.

  •  ACTIVIDADES. Le a noticia enteira, é moi interesante. ¿Que opinades no grupo sobre este tema? Abre esta ligazón: goo.gl/tKRmIb

 EDUCACIÓN

Un colexio de Lugo, pioneiro en impartir Filosofía en primaria

«Queremos axudar os nenos a pensar e construír», din as responsables do centro

 (La Voz 10/9/2016) «Axudar os nenos a pensar e construír é o noso principal obxectivo», di Asunción Fernández, Siña, para resumir a fórmula educativa do colexio Fingoi, único en Galicia en impartir a materia de Filosofía como obrigatoria en primaria. «É moi importante que os rapaces aprendan que teñen que respectar o que din os demais. Tamén se fomenta o pensamento crítico das persoas para que entendan as cousas que fan e os motivos polos que as levan a cabo», manifestou Zeltia Laya.

  •  ACTIVIDADES. Dúas palabras poden servir para a discusión en grupo en clase: respecto e sentido crítico. Temos materia para un bo debate en favor da Tolerancia.
    •  Respecto: goo.gl/MF0QX9
    •  Sentido crítico: goo.gl/KIHqfD)

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Noticias sobre tolerancia e intolerancia