Programando robots segueliñas

Un concurso desafía o enxeño tecnolóxico dos estudantes de secundaria

Estes nenos observan nun concurso o robot que eles mesmos fixeron
Estes nenos observan nun concurso o robot que eles mesmos fixeron

Este ano un dos eventos tecnolóxicos máis importantes de Galicia abre as súas portas aos centros educativos. A mañá do 5 de novembro, na Domus da Coruña, a OSHWDEM 2015 quencerá motores cun concurso de robots segueliñas para equipos de estudantes de segundo ciclo de ESO e bacharelato. Os seus organizadores queren promover o interese polas tecnoloxías libres e a robótica entre a rapazada galega, e agardan recibir a todos os estudantes que teñan ganas de montar o seu robot e vir pasar á Domus unha mañá de aprendizaxe e diversión. 

    Os estudantes terán que construír previamente os seus robots seguindo unas sinxelas instrucións. Para desenvolver o robot estará sempre aí o apoio dos membros de Bricolabs, a asociación que está detrás deste evento, e que andarán polo foro para que o proceso de construción dos robots se beneficie do potencial do coñecemento compartido. E ademais, coa colaboración de Apetega, os mellores segueliñas recibirán de premio un kit de robótica aberta, para seguir a disfrutar do mundo do DIY (Do It Yourself) e irse preparando para a próxima edición.

    Dende un punto de vista educativo, o obxectivo é fomentar o interese polas tecnoloxías abertas e a robótica por parte dos estudantes. Para iso, os asistentes compartirán o seu coñecemento e experiencias nun entorno lúdico e participativo.

    As probas do concurso entran dentro do formato que se coñece coma segueliñas.

Dentro dunha área delimitada, se trazará un percorrido cunha liña de cor negra e sobre un fondo branco completamente liso. Os robots participantes deberán completar o percorrido dende o punto de partida ata o final no menor tempo posible. O percorrido do circuíto é pechado, os puntos de saída e chegada son o mesmo, non haberá cruces e consistirá en rectas e curvas. 

Haberá premios para os tres segueliñas mellor puntuados e, ademais, un premio especial do xurado. Para os premios se terán en conta factores como a orixinalidade, emprego de materiais reciclados, apertura do proxecto, participación no foro... Para favorecer que os premios  estean tamén ao alcance dos recentemente iniciados, nas bases se contemplan penalizacións para os equipos que utilicen compoñentes de alta tecnoloxía nos seus robots.

¿Cómo inscribirse?

A inscrición faise a través dun formulario web que atoparás no seguinte enlace:

 https://goo.gl/9Na4on

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 15 de outubro. Por motivos de aforo, non se poden acoller un número ilimitado de asistentes, así que é importante inscribir pronto ao equipo. 

Se poden consultar as bases detalladas neste sitio: 

 https://goo.gl/texU3u

¿Alguén que me axude?

Pois o foro ou lista de correo onde preguntar e compartir dúbidas:

  http://edubot.bricolabs.cc/

E tamén este tutorial de robot segueliñas básico 

 http://todohacker.com/tutoriales/tutorial-robot-siguelineas

¿Quén é cada quen?

 OSHWDem é un evento aberto e participativo no que o contido é provisto polos participantes e presenta proxectos de electrónica ou software libre.

Este ano é a cuarta edición, que se celebrará nun dos museos científicos de Coruña, a Domus. Será o 7 de novembro, pero, como noutros anos, na semana anterior se realizarán actividades coma o concurso escolar de robótica.

 http://oshwdem.org/

 BricoLabs é unha asociación que reúne semanalmente a todos aqueles que queiran colaborar no deseño, construción ou probas de todo tipo de aparatos e gadgets, propostos polos propios participantes e co estilo doutros HackerSpaces e FabLabs do mundo.

É un grupo de traballo onde todo o mundo pode propor ideas e colaborar nas diferentes fases dos proxectos, a través de reunións altamente participativas e nun ambiente ameno e dinámico, onde non importa tanto o nivel de coñecemento como a motivación na realización da actividade.

 http://bricolabs.cc/

>>> pacofranco2@gmail.com 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Programando robots segueliñas