Idiomas a base de ler, oir e ver noticias

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

As noticias, que son a base e obxectivo principal de La voz de la Escuela, tñen también importantica como recurso vivo, atraente e fácil na aprendizaxe de idiomas

26 nov 2014 . Actualizado a las 10:38 h.

1. AS 6 LECCIÓNS DA BBC

En primeiro lugar, sinalamos os pasos do programa que a BBC Radio e a BBC TV propón para que os alumnos integren a noticia na súa aprendizaxe escolar.

1.1 Qué son as noticias e onde podemos atopalas

n ¿Que é o que fai que algo se converta en noticia interesante?

n Coñecer ben a adaptación da noticia aos diversos posibles lectores.

n Comprender o valor e a calidade das diferentes fontes de noticias.

n Entender a importancia que ten a verdade e a precisión da noticia.

n Diversos vídeos, actividades, enquisas, preguntas sobre esta lección.

1.2 Como buscar noticias e reunir datos

n Desenvolvemento das técnicas de procura e investigación de noticias.

n Importancia das preguntas abertas dos alumnos sobre a noticia.

n Entender con claridade a imparcialidade coa que debe traballar o xornalista.

n Comprender a diferenza que existe entre feitos e opinión.

n Diversos vídeos, actividades, enquisas, preguntas sobre esta lección.

1.3 Como redactar unha noticia

n Cumprir coas 3 ces: claro, conciso, correcto.

n Entender moi ben cal é a estrutura que se utiliza para contar unha noticia.

n Facer prácticas con estes supostos e comprobar resultados nos lectores.

n Utilizar Internet e outras fontes de documentación.

n Diversos vídeos, actividades, enquisas, preguntas sobre esta lección.

1.4 Presentación dunha noticia

n Habilidades e formatos para unha presentación da noticia.

n Os feitos só se converten en noticia se chegan á audiencia.

n Outros medios polos que a noticia chega hoxe en día ás persoas.

n Variedade de persoas e intereses aos que pode chegar a noticia.

n Diversos vídeos, actividades, enquisas, preguntas sobre esta lección.

1.5 Como facer unha reportaxe-síntese

n Saber unir os diferentes acontecementos dun ano ou un evento especial.

n Recursos que confirmen o resumo de noticias ou buscar novos aspectos.

n Presentación clara dos diversos aspectos da noticia e datos adxuntos.

n Elixir con precisión os momentos máis importantes que centran o resumo.

n Diversos vídeos, actividades, enquisas, preguntas sobre esta lección.

1.6 Edición das noticias de cada día

n Entender a complexidade de présas e urxencias das noticias de cada día.

n Saber redactar con precisión e atractivo os títulos e presentacións.

n Desenvolver a técnica e habilidade de traballar en equipo.

n Lograr obxectivos comúns na tarefa e na relación das persoas.

n Diversos vídeos, actividades, enquisas, preguntas sobre esta lección.

n RECURSO: BBC News / School Report: http://goo.gl/USGNOn

2. WORDS IN THE NEWS / BBC

Puxemos en primeiro lugar a estrutura que o programa da BBC ten para que os alumnos comprendan o proceso da noticia. Pero o paso máis claro é a aprendizaxe baseada na intelixencia das palabras crave nunha noticia, cos tres pasos que ofrece:

n Presentación previa das palabras crave non só visualmente na pantalla, senón tamén na formulación vocal do presentador.

n Proxección do vídeo sobre o tema, axudándose do comentario vocal simultáneo do locutor.

n Reforzo por escrito na pantalla, destacando en cor a palabra crave.

n Transcrición escrita do texto completo da noticia visual e sonora.

n Exercicios prácticos para completar espazos coas palabras adecuadas

n Outros vídeos complementarios.

n Tradución a varios idiomas: chinés, portugués, español, ucraíno, vietnamita.

n RECURSO: Words in the News: http://goo.gl/KOLGj

3. NEWS IN LEVELS

Outro exemplo, máis directo e menos complexo para traballar coas noticias na escola para a aprendizaxe de idiomas, pode verse en News in Levels, con noticias para aprender inglés: http://www.newsinlevels.com/

Estrutura: é sinxela e consta de tres pasos:

n Título e texto da noticia.

n Audio ou vídeo da noticia.

n Botóns de selección do nivel (1,2,3) co que se quere traballar, segundo os coñecementos e posibilidades do alumno, acurtando o texto inglés ao principio e a velocidade de locutor no vídeo e aumentando texto e velocidade no nivel máis alto.

n ACTIVIDADES: Abres a dirección do produto e móstranse diversos vídeos con noticias de estrutura simple e sobre elas prográmanse os 3 niveis de aprendizaxe: http://goo.gl/dbDXjZ

4. OS POLÍTICOS ESPAÑOIS SUSPENDERÍAN

INGLÉS EN PRIMARIA

(La Voz, 5/6/2014) O 77 % dos profesores que dan clase de inglés en España consideran que os alumnos de educación primaria teñen mellor nivel de inglés que os políticos, e un 91 % cre que hoxe en día ninguén debería estar en política sen dominar a lingua de Shakespeare. Estes son algúns dos datos recollidos no segundo barómetro de Cambridge Monitor, publicado por Cambridge University Press e realizado entre 980 profesores de inglés en educación regulada, escola oficial de idiomas (61), academias (315) e universidades (114) de todas as comunidades.

n Non sabemos se esta noticia axuda a aprender idiomas, pero se de algo valen estes métodos, benvidos sexan.