Gaza, atormentada e destruída

> Fernando Pariente

LA VOZ DE LA ESCUELA

A policía vixía os musulmáns, que rezan no acceso ao lugar sagrado da explanada das Mesquitas
A policía vixía os musulmáns, que rezan no acceso ao lugar sagrado da explanada das Mesquitas ABIR SULTAN / EFE

O interminable conflito entre israelís e palestinos pola terra prometida viviu en verán un novo conflito

19 nov 2014 . Actualizado a las 12:58 h.

Hai poucos meses a Franxa de Gaza viviu semanas tráxicas pola intervención no territorio de forzas de Israel. De novo volveu incendiarse o conflito permanente entre palestinos e xudeus. Unha tregua indefinida apagou o lume o 26 de agosto e desde entón as noticias de Palestina fixéronse moito menos frecuentes nos medios de comunicación, mitigando o recordo daqueles tensos días ata case desaparecer. Unha razón para reflexionar sobre este problema con máis calma e perspectiva.

Así foi o conflito

n Comezo da intervención israelí: 8 de xullo.

n Duración: 3 meses e 26 días.

n Causa inicial: secuestro e asasinato de tres adolescentes xudeus. Lanzamento desde Gaza de foguetes cara a territorio xudeu.

n Represalia: asasinato de un adolescente palestinos.

n Actividade bélica palestina: lanzamento de foguetes. Emboscadas aos soldados xudeus no seu territorio, a través de túneles.

n Actividade bélica Israelí: lanzamento de mísiles e bombardeos da aviación. Invasión terrestre con soldados, carros de combate e artillería pesada. Bloqueo naval, terrestre e aéreo.

n Obxectivo Israelí: apresamento ou eliminación de activistas palestinos, principalmente pertencentes á organización denominada Hamás. Destrución de túneles secretos desde Gaza cara a Israel e Exipto.

n Baixas. Palestinos: 2.143 mortos, o 77 % civís e moitos, mulleres e nenos (296 segundo as Nacións Unidas ata o 2 de agosto, 500 segundo Unicef en todo o conflito); 11.500 feridos, 250 capturados, 475.000 refuxiados. Israelís: 71 mortos, 1.306 feridos. Outras baixas: 11 empregados da ONU, 1 civil italiano, 1 civil tailandés.

n Destrución de infraestruturas. Franxa de Gaza: máis de 1.500 edificios destruídos; escolas e hospitais bombardeados e destruídos; o sistema de traída de augas e rede de sumidoiros destruída na súa maior parte; centrais eléctricas destruídas; flota pesqueira de baixura danada na súa maior parte. Israel: os foguetes lanzados polos palestinos, por carecer de sistemas de dirección alcanzan en poucas ocasións os obxectivos desexados e producen danos menos relevantes.

n Fin do conflito: Tregua indefinida asinada baixo a mediación de Exipto o 26 de agosto.