As rutas do escravo

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

XOSÉ CASTRO

26 mar 2014 . Actualizado a las 13:21 h.

Recollemos algúns datos crave do informe editado pola Unesco e para conmemorar tamén o 210.º aniversario da independencia de Haití, despois de superar a revolución dos escravos e dar un dos primeiros pasos cara aos progresivos tratados mundiais da abolición da escravitude. En catro mapas e dez textos crave, recóllense os puntos principais do informe como suxestión para a súa lectura e estudo na aula. Celebramos así esta semana proposta pola ONU en atención ás sociedades que loitan contra todo tipo de racismo e discriminación.

1. HISTORIA

Ao lago da historia ningún grupo de poboación estivo a salvo da escravitude. Moitas das poboacións reducidas á servidume da conca do Mediterráneo, o Oriente Próximo e o océano Índico eran orixinarias de África. En canto chegaron ao continente americano, en 1492, os europeos empezaron a escravizar as poboacións autóctonas e esta forma de sometemento prevaleceu moito tempo nalgunhas zonas de América colonizadas por eles.

2. CIFRAS

En total, uns 12,5 millóns de escravos negros africanos foron trasladados dunha á outra beira do Atlántico entre 1500 e 1867, no que foi a maior empresa de deportación transoceánica na historia.

3. VIOLENCIA

A escravización das poboacións daba ocasión a numerosos episodios dramáticos, enfrontamentos armados, razzias e secuestros, manipulación e suborno das autoridades políticas e xudiciais.

4. DEMOGRAFÍA

Os compradores europeos preferían mozos adultos de sexo masculino, o que acabou modificando o perfil demográfico das sociedades implicadas, con consecuencias negativas para as taxas de reprodución da poboación. Mentres que en 1582 só o 11 % da poboación censada de Arxentina era de orixe africana, en 1820 a proporción correspondente era do 62 % en Colombia, e en 1815 do 59 % en Venezuela.

5. MESTIZAXE

Estas cifras explican a composición actual da poboación latinoamericana, integrada na súa maior parte por mestizos: en total, no continente americano viven uns 180 millóns de persoas de ascendencia africana, das cales 30 millóns están en Estados Unidos, 500.000 no Canadá e o resto en América Latina e o Caribe. Brasil é hoxe en día o país do mundo de maior poboación negra, despois de Nixeria.

6. REBELIÓN

Foi en América e o Caribe onde tiveron lugar os actos mellor documentados da resistencia dos escravos. No Caribe, do 70 ao 85 % eran escravos. En decembro de 1521, a plantación de cana de azucre de Diego Colón na Española (Santo Domingo) foi devastada polos escravos rebeldes. En 1553 tivo lugar en Cuba o primeiro levantamento de escravos nunha mina de ouro.

No século XVII, as primeiras revoltas de escravos en Guadalupe, Martinica, San Cristóbal, Barbados.

En 1763 en Xamaica, onde en 1831 se mobilizaron 20.000 escravos, dos cales foron executados máis de 500.

7. ABOLICIÓN

O berro de «Liberdade ou morte» resoou en Santo Domingo, onde había uns 500.000 escravos, e en 1793 declarouse a abolición da escravitude. Nun cadro das páxinas 38-39 do documento As rutas do escravo notifícanse datas e circunstancias da abolición da escravitude, desde 1777 na constitución de Vermont até a prohibición no 2008 do traballo forzoso en Nepal.

8. IDENTIDADE CULTURAL

As repercusións da revolución en Haití. A creación e identidade nas sociedades posescravistas: as artes, a linguaxe, a relixión, a ciencia e a técnica, as teorías racistas. A escravitude a día de hoxe.

9. POSESCRAVISMO

No 2004 calculábase que 27 millóns de persoas aínda vivían en escravitude. Aínda que en todas partes, mesmo en Estados Unidos, a maioría delas no sur de Asia. No 2005, a OIT calculou en 12,3 millóns as vítimas de traballo forzado, explotación sexual ou doutra clase, e a explotación do traballo infantil.

10. DOUS SÉCULOS

Máis de dous séculos da gran rebelión vitoriosa de Santo Domingo e Haití e o inicio do movemento abolicionista en Europa e América do Norte, a tarefa dos antiescravistas non terminou.

Actividades e recursos

1. «As rutas do escravo»: dosier informativo (http://bit.ly/1eOJ5W5).

2. Rutas dos escravos: unha visión mundial. Deportación masiva das poboacións africanas: as Américas, Europa, o océano Índico, o Oriente Medio e Asia. Vídeo: (http://bit.ly/1iZDLq4).

3. Ruta do escravo. Unesco: (http://bit.ly/Nr3Mjw).

4. Película «12 anos de escravitude»: Unha película británica-estadounidense do 2013, gañadora dos Óscar 2014 á mellor película, mellor actriz de repartición e mellor guion adaptado.