Dous xeitos de quedarse coa noticia

> Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

Marcos Míguez

Desde logo, non deixar que se vaia, non sexa que o xornal de mañá xa a esqueza. No Programa Prensa-Escuela (a semana pasada dedicámola no colexio ao periódico), a noticia ten carta de cidadanía e dereito elemental de residencia: ¡que se quede! E a idea de pode axudar a conseguilo. Imos alá.

19 mar 2014 . Actualizado a las 12:43 h.

Investigación centrípeta

Rastréxanse e investíganse as causas da noticia ata que se chega a un coñecemento satisfactorio

1. Avión perdido de Malaisia

A última e enigmática mensaxe enviada polo voo perdido de Malaisia.

(La voz, 12/3/2014) «Bo, pois boas noites». Este foi a última e concisa mensaxe que se recibiu do voo desaparecido en Malaisia. O piloto do Boeing 777 (no que viaxaben 239 persoas) foi o encargado de pronunciar as termiantes palabras que nestes últimos días tan analizadas están a ser. E é que, desde que o aparello que cubría a liña Kuala Lumpur-Pequín desaparecese dunha forma bastante misteriosa, todos os indicios que arroxen algo de luz ao suceso, son poucos.

Actividades. O avión de Malaysia Airlines desapareceu sen deixar rastro nalgún lugar entre o leste de Malaisia e o sur de Vietnam. Detectaron unha fisura na fuselaxe dun Boeing 777 o ano pasado. O avión tiña 14 anos cando se descubriui a greta... Sigue ti a investigación.

2. Naufraxio do «Santa Ana»

A tripulación era unha piña e case todos levaban anos a bordo do buque

(La Voz, 12/3/2014). Pasa ás veces que os mariñeiros apneas coñecen o buque no que van a bordo, porque cambian frecuentemente de armadora ou de embarcación. Pero ningún deses casos dábase co Santa Ana. «Eran unha piña» e tratábase dunha tirpulación que coñecía ben a máquina sobre a que ían. A maioría deles levaban uns tres anos a bordo.

Actividades: Tiñan, ao pareceer, unha relación estreita. Tamén polas moitas viaxes compartidas rumbo a Asturias ou o lugar do que partisen para ir faenar. O barco, sinsitía, «estaba moi ben preparado». Sigue ti a investigación.

3. Estrela hiperxigante

Astrónomos europeos descobren unha estrela amarlea hiperxigante

O Observatorio Europeo Austral descubriu a maior estrela amarela con máis de 1.3000 veces o diámetro do Sol, o que a converte nunha das dez máis grandes detectadas ata o momento, segundo informou este centro nun comunicado. Convértese así na estrela amarela máis grande coñecida, cun 50% máis de tamaño que a famosa superxigante vermella Betelgeuse e ao redor dun millón de veces máis brillante que o Sol.

Actividades: Os astrónomos utilizaron na investigación da estrela HR 5171.ª unha técnica chamada interferometría que combina a luz recollida por múltiples telescopios individuais recreando un telescopio xigante de máis de 140 metros de tamaño. Sigue ti a investigación.

Exploración centrífuga

Ábrense ao futuro e o rastreo pódese seguir un tempo lendo novas noticias ata que se chegue a un coñecemento suficiente.

4. Moscova / Ucraína

Uncarína advirte que as tropas rusas poden chegar en poucas horas a Kiev

(La Voz 12/3/2014). As tropas rusas que participaron nuns exercicios masivos na fronteira con Ucraína non regresaron ás súas bases e, en caso de agravarse a situación, poderían chegar a Kiev en contadas horas, advertiu o mércores o responsale de Seguridade de Ucraína. Mosocva sinala que as súas unidades «están distribuídas de tal modo que poderían repeler ataques desde calquera dirección».

Actividades: Andréi Parubiy, secretario do Consello Nacional de Seguridade e Defensa de Ucraína, asegurou que, en contra do anunciado por Moscova a asmana pasada, as tropas rusas seguen xunto á fronteira ucraína. Sigue ti a exploración

5. A Garda Civil interceptou en Melilla a 350 menores

(La Voz 12/3/2014) Intentaron entrar como polisón no que vai de ano. Algúns os inmigrantes foron localizados «en situacións moi comprometidas e perigosas». Estaban escondidos nas inmediacións do porto da cidade autónoma con intención de subir a algúns dos barcos que conectan Melilla coa península para chegar a Europa. Tepen idades entre os 14 e os 17 anos e practicamente todos son de nacionalidade marroquí.

Actividades: A Garda Civil ten activado un plan de actuación permanente para localizar a estes menores nos diques do porto, no seu interior e nos recoñecementos dos vehículos previos a embarquelos dos buques, co obxectivo primordial de velar pola súa integridade física, dado o risco que corren nos agochos que elixen. Sigue ti a exploración.

6. Alérxicos

Os alérxicos ao pole vivirán unha primavera intensa como o ano pasado

(La Voz 12/3/2014) Espéranse 5.600 grans por metro adadro de pole de gramíneas que causarán estragos en case o 20% dos españois. Avecíñase unha primavera tan intesna como a anterior para os alérxicos. Con 5.600 grans por metro cadrado, os niveis de pole de gramíneas ameazan con igualar ou superar aos do ano pasado, 5.400.

Actividades: Ven un año quentiño», advirte o presidente da Sociedade Española de Alergoloxía e Inmunoloxía, José María Olaguibel, quen dixo nunha rolda de prensa que, a pesar de todo, non debe render o pánico se se toman as medidas adecuadas. As previsión non son moi alentadoras para os oito millón de pacientes que xa empeza a espirrar. Sigue ti a exploración.