Sinagogas, mesquitas, templos, igrexas

> Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

CARLOS RUEDA

Las noticias van al aula

05 feb 2014 . Actualizado a las 12:28 h.

Cada un destes títulos pode ser o símbolo da axuda mutua interconfesional que a ONU cita como eixos da semana de harmonía relixiosa en favor da paz e o desenvolvemento dos pobos. Non todo foi nin é fácil, e a historia está chea de contradicións, asedios, destrucións, queimas, persecucións e incluso malas interpretacións entre os compoñentes de cada unha das entidades que colocan a paz e o respecto nos seus principios doutrinais. Proba diso son algunhas destas noticias, elixidas case a bato. Como se di no documento final, asinado en Viena por xudeus, musulmáns e cristiáns, talvez o tratar de axudar aos demais sexa un bo comezo para entenderse mellor entre eles mesmos.

1. SINAGOGAS

Alemaña non quere esquecer a Noite dos Cristais Rotos

(La Voz, 9/11/2013) Hoxe hai 75 anos arderon preto de mil sinagogas en toda Alemaña. Os escuadróns nazis romperon os cristais de prominentes establecementos xudeus en todo o país para despois destruír e queimar tamén os seus templos. A infamia coñécese como a Noite dos Cristais Rotos, pero aínda que é parte do pasado non se esgotou no presente, porque Alemaña aínda non logrou erradicar o antisemitismo por completo.

Unha exposición na Nova Sinagoga da Oranienburger Strasse, no centro de Berlín, percorre as sinagogas que quedaron arrasadas na capital alemá. A mostra recorda como naquel entón un de cada cinco alemáns vía con bos ollos a persecución orquestrada polo partido nazi.

n ACTIVIDADES: ¿Sabes que é unha Sinagoga, a súa historia, a súa actualidade nestes momentos?: http://es.wikipedia.org/wiki/sinagoga

2. MESQUITAS

Doce feridos ao irromper o Exército israelí na chaira das Mesquitas

(La voz 8/3/2013) O país hebreo afirma que a operación se realizou en resposta ao lanzamento de pedras e cócteles incendiarios por parte de mozos palestinos. Máis dunha ducia de persoas, entre manifestantes e axentes da orde resultaron feridas hoxe ao irromper a policía israelí na chaira das Mesquitas de Xerusalén nunha nova xornada de tensión na zona. Un portavoz da policía israelí informou de que os axentes entraron na chaira despois de que un grupo de mozos palestinos lanzasen pedras e bombas incendiarias contra as forzas que estaban apostadas na porta dos Mugrabíes xunto á mesquita de Aqsa.

ACTIVIDADES: ¿Cangas mesquitas coñeces que, ademáis, sexan unha mostra singular da súa arquitectura durante séculos en España?: es.wikipedia.org/Mezquita

3. TEMPLOS BUDISTAS

Xapón e Santiago estreitan lazos sobre as súas vías de peregrinación

(La Voz, 16/6/2013) Compostela e Xapón teñen moito máis que ver do que puidese parecer. Dúas vías de peregrinación, o Kumano Kodo, no arquipiélago nipón, e o Camiño de Santiago, enxalzan a reflexión espiritual e o contacto coa natureza. Así o reflectiu onte o príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, que na súa xira española quixo dedicar unhas horas a coñecer un pouco máis de cerca a capital de Galicia. O Camiño de Santiago está irmanado co Kumano Kodo (penínusla de Kii, ao sur da illa de Honshu, a maior de Xapón) un carreiro infestado de tempolos sintoístas e budistas.

ACTIVIDADES: E, trasladándonos a sitios máis afastados ¿sóache isto dos templos budistas, sintoístas, hinduístas dos que falaba o príncipe Naruhito?: es.wikipedia.org/sitios sagrados y ruas de peregrinación de los montes Kii.

4. IGREXAS

Catro rutas para visitar quince igrexas románicas da Ribeira Sacra

(La Voz 4/7/2013) O consorcio turístico da Ribeira Sacra iniciará o sábado o seu primeiro programa de visitas guiadas ás igrexas románicas da zona, que finalmente comprenderá 15 templos no canto dos oito que se consideraban inicialmente. Os percorridos incluirán visitas ao interior de todas as igrexas, normalmente pouco accesibles, aínda que nun principio a de Santo Estevo de Ribas de Miño só poderá verse por fóra. Os principais templos románicos da Ribeira SAcra ourensá xa teñen horarios fixos de visita durante o verán, polo que non se considerou necesario incluílos nestas rutas

ACTIVIDADES Quedamos agora mási cerca visitando baixo o nome de igrexas, 15 xoias románicas e cristiás ¿Poderás atopar as súas fotos? Cita o título da noticia no recuadro lupa de www.lavozdegalicia.es