Un libro clave sobre alfabetización mediática

Jesús Garrido cursosrepeducador.es

LA VOZ DE LA ESCUELA

GUSTAVO RIVAS

A proposición presentada pola Comisión de Cultura no Congreso dos Deputados (15/10/2013) sobre a necesidade dunha alfabetización mediática nos mozos require a existencia de recursos para desenvolver ese obxectivo na escola. O libro «Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) / UNESCO 2011 / Curriculum para Profesores» pode ser unha boa axuda. Recollemos aquí os principais temas e actividades que propón e que poden adaptarse en cada caso ás diferentes idades dos alumnos.

30 oct 2013 . Actualizado a las 12:19 h.

A proposición presentada pola Comisión de Cultura no Congreso dos Deputados (15/10/2013) sobre a necesidade dunha alfabetización mediática nos mozos require a existencia de recursos para desenvolver ese obxectivo na escola. O libro «Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) / UNESCO 2011 / Curriculum para Profesores» pode ser unha boa axuda. Recollemos aquí os principais temas e actividades que propón e que poden adaptarse en cada caso ás diferentes idades dos alumnos.

1. ALFABETIZACIÓN

- Alfabetización mediática: Comprender e utilizar os medios de masas de forma intelixente e crítica, coñecendo as técnicas e recursos que empregan para proporcionar información. Tamén a capacidade de ler, analizar, decodificar, avaliar e producir comunicación.

- Alfabetización dixital: A habilidade de utilizar tecnoloxía dixital, ferramentas de comunicación ou redes para localizar, avaliar, desempeñar tarefas nun ambiente dixital en diversos formatos, e crear información.

- Alfabetización informacional: Refírese á habilidade de recoñecer a información cando se necesita e localizala, avaliala, usala dun xeito eficaz e comunicar aos demais a información en diversos formatos.

2. COMPETENCIAS AMI

Facilita actividades para o desenvolvemento das 6 principais vantaxes para a alfabetización mediática e informacional.

- Entender o papel dos medios na democracia

- Comprensión do contido dos medios e os seus usos

- Acceso á información dun xeito eficaz e eficiente

- Avaliación crítica da información

- Aplicando dos formatos novos á información

- Os medios no contexto sociocultural de aprendizaxe continua

n ACTIVIDADES. 774 millóns de adultos non saben ler nin escribir. Esta situación «é aínda máis grave» se se ten en conta o avance das novas tecnoloxías e que o acceso «ao escrito» é unha competencia indispensable nas modernas sociedades do saber, subliñou na nota a directora xeral da Unesco, Irina Bokova (La Voz, 06/09/2013)

3. VANTAXES AMI

Vantaxes da pedagoxía AMI no currículo

En diversos apartados estuda con actividades e discusión en grupo as 10 vantaxes máis sobresaíntes da alfabetización mediática e informacional.

- O ensino reflexivo: proceso interior para asimilar a información

- Técnica de resolución de problemas presentados na información

- A información axuda para a investigación científica

- A práctica do estudo de casos que presenta a información

- A información diversa facilita a aprendizaxe cooperativa no grupo

- Facilita a análise de textos sobre os contidos da información

- O desenvolvemento da análise contextual para entender a información

- A técnica de simulación para coñecer a xénese da información

- O exercicio de produción propia de AMI na escola

- O exercicio de tradución de idiomas e a comprensión de datos

ACTIVIDADES. A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados debate a proposta do PP de fomentar a recepción das películas na súa «forma e idioma orixinal». Esta iniciativa forma parte dun paquete de propostas presentadas polo populares no Congreso dos Deputados para fomentar a «alfabetización mediática» e dixital das obras cinematográficas e audiovisuais (La Voz, 16/10/2013)

¿Cres que a proxección de películas en versión orixinal favorece notablemente o aprendizaxe de idiomas?

4. MÓDULOS AMI

Facilita a profesores e alumnos o estudo de 9 módulos de aprendizaxe, desenvolvendo cada un a través de diversas unidades sobre a alfabetización mediática e informacional:

- Cidadanía, Noticias, Presentación visual-auditiva-gráfica, Linguaxe dos medios, Publicidade, Tecnoloxías novas e tradicionais, Internet, Centros de información, Comunicación, Aprendizaxe, Audiencia, Mundo global, Computadoras, Cámaras, Publicidade.

ACTIVIDADES. O traballo audiovisual do colexio de Louro recibe un premio estatal. O centro gañou o premio Alfabetización Audiovisual, outorgado por primeira vez polo Ministerio de Educación e Cultura a través do Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais (La Voz, 19/10/2013)

? ¿Que módulo vos gustaría elixir dos 15 que se propón o libro e no que figuran recursos, enlaces e actividades para desenvolver na aula?

5. PRENSA - ESCUELA

Premio por «fomentar a cidadanía crítica»

5.1 (La Voz, 30/11/2012) Nun acto celebrado no CaixaFórum madrileño, a princesa Letizia destacou a «implicación do programa educativo do Grupo Voz para lograr a plena autonomía do estudante», algo que pesou especialmente na concesión do premio. Na acta do galardón cítase a La Voz de la Escuela como un «exemplo veterano» que «fomenta o sentido crítico e a alfabetización mediática dos estudantes, o que redunda nunha cidadanía crítica».

n ¿Coñeces www.prensaescuela.es? ¿Saberías dicir en que consiste: Suplemento LVE, A noticia do día, Blogs, Test Semanal, Pregunta a un científico, Pregunta a un periodista, Guías na Sala de Profesores, Efemérides? e moito máis?

«Corre a Voz», elixido mellor blog do curso

5.2 (La Voz, 28/05/2013) O Programa Prensa-Escuela destaca a participación interacción entre os alumnos lograda nesta bitácora de terceiro ciclo de primaria do CEIP Curros Enríquez de Ourense. O concurso Mellor Blog do Curso, que cada ano convoca o Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, xa ten gañador: Apuesta por las herramientas digitales.

Os profesores tamén dispoñen do Blog Mestre de Prensa-Escuela, accesible dende wwww.prensaescuela.es.

RECURSOS

Libro: «Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) / UNESCO 2011

Curriculum para Profesores» (bit.ly/16tDMHM)