A Semana do Desarmento


En realidade, desde o punto de vista escolar, queda en 5 días hábiles: 22, 23, 24, 25 e 28. Para cada un deles, convencionalmente, eliximos unha actividade distinta: noticias, arte, gastos militares, desarmamento, discurso de Malala. Ás veces non fácil, porque isto do desarmamento é complexo, aínda que só se trate dun pequeno conflito na aula. Leva o seu tempo. E, ademais, iso dos grandes conflitos parece que nos queda lonxe. Pero ¿quen sabe? Por algo se empeza, e aprender a desarmarse no pequeno talvez algún día se converta no mellor remedio para nunca comezar unha guerra.

1. NOTICIAS

- Obama propón un desarmamento nuclear masivo (La Voz, 19/6/2013).

- EE.UU. e Rusia discuten hoxe en Suíza o plan de desarmamento sirio (La Voz, 12/9/2013).

- ETA, disposta a iniciar a entrega das súas armas antes de Nadal (La Voz, 12/9/2013).

- Damasco coordina con Moscova o seu desarmamento químico e promete cumprir os prazos (La Voz, 18/9/2013).

- A Asemblea Xeral da ONU aproba o tratado para regular o comercio de armas (La Voz, 2/4/2013).

ACTIVIDADES. O xoves 26 de setembro do 2013, todos os estados membros foron invitados a participar na reunión de alto nivel da Asemblea Xeral sobre desarmamento nuclear. (Aí tes suxestivas ligazóns): http://www.un.org/es/ga/68/meetings/nucleardisarmament/

2. ARTE

Imaxina un mundo sen armas nucleares

En 2012, nenos de todo o mundo participaron no concurso Arte para a Paz, para, coas súas habilidades artísticas, «imaxinar un mundo sen armas nucleares». Aquí mostramos as obras de tres dos doce finalistas. Recibíronse as propostas de 6.623 nenos e adolescentes de 92 Estados Membros. http://www.unartforpeace.org/

ACTIVIDADES. «Chámome Michael Douglas e, como mensaxeiro da paz, anhelo ver o día no que todos os que habitamos este fráxil planeta esteamos libres da ameaza das armas nucleares: ?Nenos e adolescentes, imaxinade un mundo libre de armas nucleares?». Comentarios, vídeos, suxestións.

3. GASTOS MILITARES

Os gastos militares mundiais no 2007 sumaron 1,34 billóns de dólares.

O custo humano e material das armas, tanto convencionais como nucleares, é extremo. De polo menos 640 millóns de armas de fogo con licenza no mundo, aproximadamente dous terzos están en mans da sociedade civil. O comercio legal de armas pequenas supera os 8.500 millóns de dólares anuais e estímase que o ilícito se achega aos 1.000 millóns, mentres armas tan habituais como as minas terrestres lévanse vidas ou deixan feridos incluso anos despois de que acabasen os conflitos que as produciron.

ACTIVIDADES. En canto ás armas nucleares, Albert Einstein dixo: «Non sei con que armas se loitará na terceira guerra mundial, pero na cuarta farano con paus e pedras». E o antigo presidente dos Estados Unidos Dwight D. Eisenhower (1952-1960), que fora comandante xeral das forzas aliadas durante a Segunda Guerra Mundial: «O custo dun bombardeiro pesado novo é o seguinte: un colexio novo en máis de 30 cidades».

Un comentario: o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, destacou que, actualmente, «o mundo gasta diariamente en armas case o dobre que a ONU nun ano de traballo pola paz e os dereitos humanos».

4. VÍDEOS PARA O DESARMENTO

A militarización infantil, un reto para a sociedade.

Ismael Beah foi un neno soldado en Serra Leona. Despois dun longo proceso non só recuperou a súa vida, senón que se converteu no defensor de Unicef para os nenos afectados pola guerra. Agora visitou a República Centroafricana e dirixiuse a nenos que van pasar por un proceso que el coñece ben. Cada neno ten unha historia diferente, pero a consecuencia é a mesma. A súa infancia perdeuse nun vórtice de violencia e agora intentan refacer a súa vida e prepararse para o futuro.

ACTIVIDADES. Dous vídeos sobre os nenos soldados e acerca da experiencia de vida dos nenos sirios no seu país. ¿Que opinades? ¿Como o vedes?

http://www.youtube.com/watch?v=mUvMuuicCTY

Os nenos sirios contan a súa experiencia da violencia no seu país: http://www.youtube.com/watch?v=EuCEJ9oANlM

5. EDUCACIÓN

O discurso de Malala na ONU. Malala na ONU (13/7/2013): http://www.youtube.com/watch?v=EdZqPBPBQPI

E tamén o texto e comentario que publicamos na web de Prensa-Escuela, na sección A noticia do día, que chegou a todas ás vosas escolas ás 9 da mañá do pasado 11/10/2013: A voz de Malala conmove a Europa. Alí tedes datos sobre o personaxe, termos para a análise da noticia e lugares como Paquistán, terra onde Malala iniciou a súa historia premiada co Premio Sajarov á Liberdade de Conciencia.

Texto completo do discurso: http://solidaridad-tv.blogspot.com.es/2013/07/duscurso-de-malala-ante-naciones-unidas.html

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A Semana do Desarmento