Nenos con fame, aquí, agora

Jesús Garrido cursosrepeducador.es

LA VOZ DE LA ESCUELA

Selección de noticias relacionadas co tema da alimentación

16 oct 2013 . Actualizado a las 12:00 h.

De cando en vez é bo non levantar moito a vista, non sexa que deixemos de ver o que certamente está preto, xunto a nós, talvez nas nosas propias aulas. Cando se fala da FAO (Food and Agriculture Organization of the United Nations) imaxinámonos distancias longas e perdidas, case inalcanzables no mapa. Pero a fame está aquí e veu para quedar un tempo. E xurdiron xa con iso en moitas escolas dúas conclusións inmediatas: unha, axudar ao que ten fame, alí á beira do teu pupitre, e dous, facer da educación e o colexio un espazo máis austero. Agradeceracho incluso o corpo: a obesidade, onde todo sobra, rebenta o pupitre.

1. FAME E MISERIA

Nenos con fame e miseria intelectual

(La Voz 20/4/2013) Producen indignación: quen queren botar abaixo o decreto, incluso antes de coñecelo, non se paran a pensar se é verdade que hai nenos con fame. Pois sáibase que si hai nenos en estado de necesidade. Sáibase que, segundo Unicef, o 20 % dos nenos españois viven na pobreza. Sáibase que os luns se come máis nos colexios, porque os nenos veñen con fame de casa.

- ACTIVIDADES. «Detén a fame, detén o tempo» e outros vídeos da campaña de Unicef que poderás ver en YouTube. ¿Que podes facer, ademais de axudar a outros, para que no colexio todo sexa un pouquiño máis austero. ¿Que vos sobra, de que podedes prescindir, incluso en clase?

2. OS NOSOS VECIÑOS

Nenos portugueses van ao cole con fame

(La Voz, 26/1/2013) O balance fixo saltar todas as alarmas: 10.385 menores pasan fame no país veciño. «Hai fame na escola porque hai fame no país. Segundo os datos achegados no Parlamento luso, a finais do 2012 máis de 50.000 nenos vivían en familias con ingresos mensuais inferiores aos 419 euros de referencia.

- ACTIVIDADES. ¿Podedes facer un cálculo de canto costa, máis ou menos, a túa alimentación durante unha semana? Entre todos os de clase o podedes facer. ¿Son moitos ou poucos 419 euros ao mes para toda a familia?

3. COMARCA DO SALNÉS

Alimentos para as familias en Arousa

(La Voz, 11/6/2013) A fame ameaza a catro mil nenos sen recursos da comarca do Salnés.

A semana pasada deuse a coñecer un deses datos que supoñen unha aldrabada para as conciencias: en España hai nenos que pasan fame. En Arousa non hai nenos que pasan fame. Pero como non só de pasta vive o home, e menos os nenos, tamén se fai entrega a estas familias de froita, carne ou peixe.

- ACTIVIDADES. Xa ves como o resolveron en Arousa. ¿Apuntádesvos con algo, nun fondo común, para axudar a compañeiros que o están pasando mal, aínda que non saibades de quen se trata? ¿De que podes privarte cada semana?

4. INDIFERENZA

O papa Francisco arremete contra a fame e escravitude

(La Voz, 4/10/2013) O papa Francisco arremete contra un mundo indiferente ante a fame e escravitude. «Moitas veces atopas a morte», denunciou en referencia á traxedia da illa de Lampedusa. O papa Francisco arremeteu contra un mundo «ao que non lle importa se hai nenos que morren de fame ou xente que ten que fuxir da escravitude» e que «moitas veces atopan a morte», como ocorreu este xoves na illa de Lampedusa.

n ACTIVIDADES. Gran debate. Un tempo máis amplo para unha noticia crave: a traxedia de Lampedusa (4/10/2013). ¿Que opinades e que se pode facer na UE? http://www.prensaescuela.es/web/noticiadia/noticiadeldia.php

6. NENOS CATALÁNS

Preto de 50.000 nenos cataláns sofren privacións alimentarias

(La Voz, 5/8/2013) Preto de 50.000 nenos cataláns sofren privacións alimentarias e 750 desnutrición. Un 25 % son bebés. Preto de 50.000 nenos cataláns teñen «severas» privacións alimentarias froito da pobreza das súas familias. E 751 menores de 16 anos sofren desnutrición, cunha media de idade de catro anos.

- ACTIVIDADES. Un tema a fondo. ¿En que se diferencian a privación alimentaria e a desnutrición? Pode ser unha boa análise para facer na clase de Ciencias, por exemplo.

5. SABER COMER

¡Non quero comer verduras!

(La Voz, 6/2/2013) A inxesta selectiva e a inapetencia afectan ao 20 % dos nenos. «Non me gusta». «Eu non como diso». «Puaj. ¡Outra vez pescado! Comer é moi aburrido». «Os cereais ricos son doutra marca». «Non teño fame». Son nenos en exceso selectivos ou inapetentes que se negan a comer os tan necesarios alimentos ricos en fibras, minerais e vitaminas. E é que ao final resulta que o que está en xogo non é só a alimentación dos nenos, senón a formación do seu carácter.

- ACTIVIDADES. Busca en La Voz de la Escuela do 2 de xuño do 2013 o artigo asinado por Ana T. Jack titulado «¡Non me gustan as verduras!». Le con atención o apartado «Hoxe hai lentellas» e cóntanos se che funcionou, seguro que si (www.prensaescuela.es/archivos/VE20130206_0.pdf).