A muller, protagonista

Jesús Garrido CURSOSREPEDUCADOR.ES | INFO@CURSOSREPEDUCADOR.ES

LA VOZ DE LA ESCUELA

BENOIT TESSIER / REUTERS

Situámonos ante o xornal La Voz de Galicia (24/2/2013) con moita sorte: nada menos que, «Tal día como hoxe, hai 176 anos, nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela». Animados con tal noticia, buscamos títulos onde a muller fora especial e oportunísima protagonista. ¡E atopámolos! Nada mellor para traer a El panel de la 2 a feliz idea dun futuro radiante ou de loita pola mellora de situacións sociais, que patrocina e defende o Día Internacional da Muller. Non cabe máis por hoxe, pero seguro que o protagonismo seguirá moitos días do 2013.

06 mar 2013 . Actualizado a las 14:59 h.

1. SÍMBOLO PERENNE DE GALICIA

O legado de Rosalía de Castro 176 anos despois

«Tal día coma de hoxe, hai 176 anos, nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. A Galicia que vía nacer a que, co tempo, habería de se converter no seu símbolo máis perenne, incontestable e universal, era un país moi distinto a este noso de hoxe. O idioma, empregado de xeito maioritario entre os galegos e galegas dende hai séculos, estivo moi ausente ata non hai tantos anos, dos despachos administrativos, dos púlpitos eclesiásticos, dos estrados dos tribunais de xustiza ou das tarimas universitarias e escolares, circunstancias cotiás que simbolizaban situacións de poder e de prestixio». (Xesús Vázquez Abad. La Voz, 24/2/2013).

ACTIVIDADE: ¿Por que Rosalía é símbolo perenne de Galicia? ¿Que é símbolo, que é perenne? Escribimos en parellas 20 liñas demostrando aos da clase qué pensamos do seu valor universal.

2. ALCALDESAS

A alcaldesa da Bola pon aos seus traballadores a patrullar de noite

A alcaldesa da Bola pon aos seus traballadores a patrullar de noite. Ante os roubos que se produciron recentemente no concello ourensán, a alcaldesa, Teresa Barge, e o seu equipo decidiron habilitar un servizo de vixilancia nocturna polos 72 núcleos de poboación do municipio. «Para dar máis seguridade, e sempre colaborando coa Garda Civil, facemos unha vixilancia nocturna tanto para que os maiores se sintan máis seguros como para dar garantías á poboación de que A Bola é un lugar tranquilo», explica a alcaldesa (La Voz, 24/2/2013).

ACTIVIDADE: Ser alcaldesa non é só ser a que serve para alcaldesa, o cal é verdade. A que serve aos demais é a que de verdade serve para alcaldesa. ¿Que che parece este xogo de palabras? Explícao.

4. CENTENARIAS

Morren tres das avoas de Galicia

Galicia quedou, en só catro días, sen tres das súas persoas máis anciás. As tres mulleres (nove dos dez primeiros postos estaban ocupados por mulleres) eran supercentenarias (maiores de 105 anos) e de dous municipios moi próximos. Dous, de Coristanco. Gumersinda García Rodríguez, da parroquia de Erbecedo, que ocupaba o sexto posto, faleceu o mércores aos 107 anos. Onte morreu a súa veciña Rosalía Lage Velo (Agualada), de 106 cumpridos en setembro, que estaba no décimo lugar da clasificación de lonxevidade. Tamén onte morreu Manuela Golán Juncal, da Tablilla (Rodís-Cerceda), aos 107 anos, cumpridos o 1 de xaneiro (La Voz, 24/2/2013).

ACTIVIDADE: As avoas, estas avoas polo menos, son tamén a memoria histórica dos pobos. Facemos unha enquisa a persoas maiores e que nos conten algo que non estea nos libros. Cada un trae unha historia e lea en clase.

3. VÍTIMAS DE TRATA

Entre 2.000 e 4.000 mulleres son vítimas da trata en Galicia

Entre 2.000 e 4.000 mulleres son vítimas de trata en Galicia. Ao longo dos anos, apareceron primeiro mulleres dominicanas e colombianas, que deixaron paso ás brasileiras; estas agora estanse retirando, volvendo ao seu país, onde teñen máis oportunidades de traballo (elas e as súas parellas españolas) que aquí; e agora as mulleres chegan de Paraguai, Nixeria, Romanía e Bulgaria. Os investigadores europeos saben que as súas cifras non son fiables: por cada muller identificada calcúlase que hai 20 na sombra, é dicir, unhas 2.000 en Galicia (La Voz, 24/2/2013).

ACTIVIDADE: Tamén son noticia e necesítase quen proporcionen unha axuda por defender os seus dereitos e a súa vida, evitando os malos tratos dos que poden ser obxecto en cada caso.

6. DEPORTISTAS

Carolina Ruiz gaña o primeiro descenso da historia de España

A andaluza Carolina Ruiz gañou este sábado o descenso puntuable para a Copa do Mundo de esquí alpino disputado en Meribel (Francia), marcando un fito histórico, ao converterse na primeira española en lograr unha gran vitoria na disciplina reina do deporte rei invernal. O primeiro de toda a historia do esquí alpino no que soa a Marcha real. Hoxe Carolina elevou á ducia o número de éxitos en probas da Copa do Mundo de esquí alpino da federación que preside Eduardo Roldán (La Voz, 23/2/2013).

ACTIVIDADE: Se non hai neve por aquí, outra cousa haberá na que poderás intentar un récord, aínda que só sexa persoal. ¿En que deporte melloras?

5. TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

O que hai que intentar é ter un colchón

A María Lobeiras, unha traballadora autónoma de Lugo, gústalle ser previsora. Ten que selo porque no seu traballo, aínda que ten ingresos fixos que non adoitan fallar, poden vir duras ou maduras. Ese afán por calcular permítelle agora levar unha vida cómoda. E dá unha consello a quen queira escoitala: «Nunca debemos abandonar a cultura que tiñan os nosos pais, que non compraban o que non podían pagar e pensaban as cousas dúas veces antes de adquirir algo a prazos» (La Voz, 24/2/2013).

ACTIVIDADE: Sempre hai exemplos desta sabedoría, que se aprende desde idade temperá. ¿Cantas cousas temos das que podemos prescindir? ¿Facemos unha lista en clase? ¿E cantas cousas non teñen outros que necesitan axuda de verdade?