Todos os premios que levarán os mellores xornalistas

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

M.Marras

09 ene 2013 . Actualizado a las 13:16 h.

Os autores dos traballos ganadores do décimo Concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil que convoca o Programa Prensa-Escuela, e mais os profesores que supervisan debuxos, entrevistas e artículos de opinión, recibirán os premios que se detallan a continuación.

AO ALUMNO

CATEGORÍA INFANTIL A

1.º premio: unha fin de semana en Madrid para catro persoas (inclúe voos Coruña- Madrid-Coruña, dúas noites de aloxamento en hotel de catro estrelas e entradas ao Parque Micrópolix). A validez do premio é de 6 meses, excluíndo datas consideradas de tempada alta e suxeito a dispoñibilidade.

2.º premio: unha bicicleta junior

3.º premio: un maletín con set de pintura

CATEGORÍA INFANTIL B

1.º premio: unha fin de semana en Madrid para catro persoas (que inclúe voos A Coruña-Madrid-A Coruña, dúas noites de aloxamento nun hotel de catro estrelas e entradas ao parque de atraccións Warner). A validez do premio é de 6 meses, excluíndo datas consideradas de tempada alta e suxeito a dispoñibilidade.

2.º premio: unha bicicleta

3.º premio: unha cámara de fotos dixital

CATEGORÍA XUVENIL A

1.º premio: un libro electrónico Phoenix 601 azul 6

2.º premio: unha bicicleta

3.º premio: un MP4 Energy 2508 Urban Dark Iron 8 GB

CATEGORÍA XUVENIL B

1.º premio: un reprodutor MP4 iPod Touch 8 GB

2.º premio: unha cámara de fotos dixital

3.º premio: unha bicicleta

AO PROFESOR

Os docentes responsables dos traballos gañadores de cada categoría terán como premio unha estancia para dúas persoas nun hotel-spa de 4 estrelas en Galicia, por xentileza de Oca Hoteles (inclúe 2 noites de aloxamento en habitación dobre con almorzo e acceso ao spa). Os premios poderanse disfrutar do 15 de setembro ao 29 de decembro do 2013, suxeitos a dispoñibilidade. Os premios son persoais e intransferibles, e non poderán trocarse por outro premio ou o seu valor en metálico. Todos os premios estarán suxeitos á lexislación fiscal vixente e, en particular, á normativa vixente en materia de retencións e pagos a conta.