Preguntas con resposta

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

28 nov 2012 . Actualizado a las 11:51 h.

Anímate a facer a túa pregunta en http://www.prensaescuela.es/web/preguntaperiodista. Estas son só dúas das que obtiveron resposta na web.

-¿Cal foi o primeiro ordenador Apple?

O Apple I, considerado un dos primeiros ordenadores persoais da historia. Foi deseñado en 1976 por Steve Wozniak, o fundador xunto a Steve Jobs da compañía Apple. Wozniak fixo a man o Apple I, que orixinalmente era para o seu uso persoal, pero Jobs tivo a idea de comercializalo.

- Pregunta: Pedro Neira, A Fonsagrada.

- Responde: Marta Ruiz.

- ¿Quen fixo o primeiro dicionario?

Os estudosos adoitan mencionar o «Tesoro de la lengua castellana o española», de Sebastián de Covarrubias, publicado en 1611, como o primeiro dicionario español que define o significado das palabras.

- Pregunta: María, CEIP lucense Santa María.

- Responde: Carlos Ocampo