A festa das letras galegas

Valentín Paz Andrade, o autor que será homenaxeado mañá, foi avogado, xornalista, poeta, viaxeiro e home de empresa, e estivo vinculado á política cun único obxectivo: traballar por e para Galicia


O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, exaltou a importancia e vitalidade do Día das Letras Galegas na nosa sociedade, dicindo que constitúe «a maior festa cultural de Europa».

A data para celebrar a gran festa dos impulsores da lingua non se escollera ao azar, senón que conmemora a edición o 17 de maio de 1863 do libro Cantares gallegos, escrito por Rosalía de Castro, que foi a primeira autora en recibir esta homenaxe do Día das Letras Galegas en 1963.

Non todo, a xuízo do presidente da RAG, foi fácil xa que se iniciou esta efeméride do Día das Letras Galegas, hai 50 anos, «en tempos bretemosos ata chegar ao facho en que, grazas á teimosía do pobo galego, se converteu hoxe en día».

Atención á escola

Na reunión tida o pasado 24 de abril na RAG deuse a coñecer a especial atención que se lles dedica este ano aos centros educativos:

- O conxunto de estudantes de bacharelato recibirán gratuitamente un libro cun retrato e a valoración de cada personaxe homenaxeado nestes 50 anos.

- O 16 de xuño celebrarase un acto cívico conmemorativo na praza de María Pita, na cidade da Coruña, que contará coa presenciade do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e a dos alcaldes de todas as cidades, vilas e aldeas onde tiveran nacido os cincuenta personaxes que recibiron a homenaxe do Día das Letras Galegas.

- Na praza de María Pita, nese espazo emblemático da cidade da Coruña, sete grupos de alumnos de sete institutos do país esparexerán sete materias simbólicas: o alumnado de Padrón traerá pétalos de camelias apañados na Casa de Rosalía; os escolares de Ponteceso espallarán arume arpado apañado a carón da casa de Pondal; de Celanova achegarán terra da horta de Curros Enríquez; os estudantes de Cambados esparexerán area recollida a carón da casa de Ramón Cabanillas; de Rianxo chegará auga salgada traída da ribeira, ao pé das casas de Castelao, Dieste e Manuel Antonio; de Mondoñedo recibirase auga doce da Fonte Vella de Álvaro Cunqueiro e, por último, os alumnos do Courel participarán con herbas procedentes da horta da casa de Uxío Novoneyra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A festa das letras galegas