Os clásicos tamén falan galego

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

21 dic 2011 . Actualizado a las 15:10 h.

Canto de Nadal, un dos grandes clásicos da literatura sen fronteiras, volve nunha coidada edición ilustrada que nos recorda a importancia de manter o espírito do Nadal. Da man de Dickens, regresan os Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro. Estes seres espectrais pero de evocacións precisas revelaranlle a un avaro, de nome Scrooge, os malos sentimentos que lle están a arruinar a vida. Este clásico que ofrece agora Kalandraka está dispoñible tamén en castelán e portugués. Na mesma liña, veñen de editarse neste selo editorial títulos como As aventuras de Pinocho, con ilustracións do mesmo autor, Roberto Innocenti, un debuxante autodidacta que comezou a súa carreira aos 18 anos.

CHARLES DICKENS, Ilustracións de Roberto Innocenti.

EDITORIAL KALANDRAKA, 2011.

Tradución de Carlos Acevedo

A PARTIR DE 10 ANOS