Polo que se refire á literatura, non abonda con saber ler, senón que hai que saber ler en profundidade. De ahí que a postura política máis sensata é aquela que propuña o recentemente falecido Arnold Hauser: que ningunha persoa quede privada do acceso ó arte e á literatura por causas económicas e sociales.
Domingo 19 de enero de 1978
Hai tempo xa que quería falar aguí deste grupo poético, que forman Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio L. Valcárcel, Xesús M. Valcárcel, Félix Vergara Vilariño e Helena V. Janeiro, pero circunstancias alleas á miña vontade impidíronmo hastra hoxe (1). Fágoo agora con gusto, entre outras cousas porque eles veñen situarse fóra dunha fórmula poética que repetidamente teño sinalado nesta sección como falsa e sin interés literario. Anque só fora por este feito xa estaría xustificada unha boa acollida, pero é que hai máis. Hai en primeiro lugar un manifesto que figura ó frente do libro e que pese a tódalas reservas que tales textos inspiran, merece ser considerado con atención.
Vaia por diante a confesión de que personalmente disinto en non poucos puntos do que se di no tal manifesto. Pero vaia igualmente por diante o meu aplauso a este intento de establecer a reflexión encol do feito poético, sobre unhas bases teóricas orixinales dentro da literatura galega. Penso que ésta debe ser a primeira vez que se emprega a palabra «pobo» co requisito mínimo, tan cortés como honrado, de explicar ó lector o que se entende por ese concepto, por moito que a conocida definición de Gransci («Conxunto de clases subalternas e instrumentales da sociedade») non resolva demasiado. O louvable intento de convertir a poesía nun instrumento de liberación ó servicio do pobo non aparece claramente fundamentado, apesares das abondantes citas de Marx, Trostky ou Mao. A verdade é que a poesía culta (digo culta en contraposición con poesía oral popular) é de seu un fenómeno minoritario, difícilmente popularizable. ¿Poden chegar a ser populares Mallarmé, Rimbaud, Veriaine, Lautréamont, Holderlin, Rilke, Guillén, Cernuda, Manuel Antonio ou Luis Pimentel? E si non son popularizables ¿debemos prescindir deles e condenalos a ser «poesía producida pola clase dominante»? ¿Non será demasiado conceder a esa clase? ¿Non será roubarlle demasiado ó pobo?
A literatura en xeral, e dun xeito especial a poesía, interesan a pouca xente, de maneira semellante ó que ocurre coa música sinfónica, coa pintura ou coa danza clásica. Diríamos que cada unha destas artes ten os seus aficionados, pero que difícilmente a todos nos pode interesar todo. Por outra parte, o arte é complexo e o seu goce require un aprendizaxe previo. Polo que se refire á literatura, por exemplo, non abonda con saber ler, senón que hai que saber ler en profundidade. De ahí que a postura política máis sensata é aquela que propuña o recentemente falecido Arnold Hauser: que ningunha persoa quede privada do acceso ó arte e á literatura por causas económicas e sociales. E decir, o principio democrático da igualdade de oportunidades aplicado á estética.
Pero o libro do grupo Cravo Fondo non se reduce a un manifesto, como é lóxico, senón que recoile un bo feixe de poemas dos sete poemas antes citados. De algúns deles, como Félix Vergara Vilariño e Xavier Rodríguez Barrio, xa comentamos libros nesta sección. Da Xesús Rábade Paredes talamos aquí a propósito do seu relato A terra prometida, publicado por Akal. Os demáis nomes eran hastra agora, ó menos para nós, desconocidos. En adiante, si xuzgamos por esta mostra, haberálles que prestar unha atención que indudablemente merecen.
Personalmente, o que máis me chama a atención destes novos poetas é o seu bo oficio, a boa factura dos seus versos. Fuxen do prosaísmo e buscan a musicalidade (léanse, por exemplo, os poemas de Ramiro Ponte, de Xulio e Xesús Valcárcel) e o valor poético das palabras. E decir, que antes que outra cousa son poetas, por eso non sacrifican os valores intrínsecos da súa obra en beneficio de factores externos. Por outra parte, resulta evidente que detrás destes versos hai todo un traballo de lecturas, de reflexión sobre a función da literatura, de boa formación literaria. Con eles a poesía galega moza empeza a saír dun negro pozo, ponse nun novo carreiro, venta os aires da verdade. Podemos decir sin correr demasiados riscos que coa escolma de Cravo Fondo queda enterrada, e ben enterrada, a antoloxía dos novísimos, na que por outra parte algúns deles estaban xa representados.
(1) Cravo Fondo. Follas Novas Edicións, Santiago 1977.