Os célticos que naceron o Día das Letras

La Voz VIGO

HEMEROTECA

Oscar Vazquez

Tres galegos e tres xogadores de fóra que militaron no Celta naceron un 17 de maio

17 may 2021 . Actualizado a las 17:20 h.

Ao longo da historia do Celta houbo ata seis xogadores que celebran ou celebraron o seu aniversario o 17 de maio, Día das Letras Galegas; tres deles, ademais, nados en Galicia. Trátase de Quinocho, Hortas, Luis Fernando Dadíe, Juan Velasco, Borja Oubiña e Joan Tomás.

 -Quinocho naceu en 1933, polo que tería cumprido hoxe 88 anos. Joaquín Fernández Santomé, vigués, pertenceu ao Celta durante dez tempadas nas que participou en 202 partidos, para logo seguir vencellado ao Celta asumindo diferentes responsabilidades. Faleceu asasinado nas dependencias do clube en outubro de 1988, un suceso que causou una grande conmoción nunha afección e nunha entidade que o seguen lembrando, entre outras cosas, co memorial que leva o seu nome.

-74 partidos en cinco tempadas foron os que acumulou outro galego e excéltico nado un 17 de maio, Fermín Hortas, que veu ao mundo en Cesantes (Redondela) en 1953 e celebra hoxe os seus 68 anos. A súa demarcación era a de porteiro e no seu día foi coñecido como o Gato, mesmo alcume co que se alude actualmente ao gardameta Sergio Álvarez.

-En 1966, tamén un 17 de maio, nacía en Pasaia Luis Dadíe, futbolista do Celta entre 1991 e 1994. Aterrou procedente da Real Sociedade nun Celta recén ascendido e en aquela, a primeira das súas tres tempadas en Vigo, foi na que maior protagonismo tivo. Co tempo, valorou eses anos coma os mellores da súa carreira.

OSCAR VAZQUEZ

-Hai hoxe 44 anos naceu Juan Velasco, defensor céltico entre os anos 1999 e 2004. Ao igual que Dadíe, o sevillano tamén recoñecía xa rematada a súa carreira -neste caso nunha entrevista concedida a Grada de Río- que os seus vestido de celeste foran os mellores da súa traxectoria futbolística. Foi internacional con España pertencendo ao clube vigués.

-O máis emblemático da lista, con permiso de Quinocho, é Borja Oubiña, nado hai hoxe 39 anos en Vigo. Canteirán formado no clube, retirouse hai dous anoa sendo o capitán do equipo e tras unha carreira estreitamente ligada ao Celta e marcada polas lesións. Actualmente segue vinculado á entidade como integrante da secretaría técnica.

-Por último, tamén Joan Tomás naceu un 17 de maio, no seu caso de hai 36 anos. O catalán foi un home importante no Celta en Segunda División, xusto antes do ascenso, pero non contou apenas xa no equipo de regreso en Primeira. Desvinculouse en xaneiro do 2013 e despois xogou en Chipre, Indonesia e Grecia. Actualmente xoga no ASIL Lysi chipriota.