Fronte ás dúbidas da estrea de hai un ano, o equipo vigués amosou oficio e sobriedade sen firmar o seu mellor partido
23 ago 2026 . Actualizado a las 01:40 h.Un ano atrás, o Celta estrouse cunha derrota en Balaídos que deixou, ademáis, unha morea de dúbidas. Dende logo que o partido de Mestalla non foi o mellor da era Claudio, pero pode considerarse un bo punto de partida. Porque os celestes amosaron oficio e sobriedade (tamén licenzas a corrixir), demostraron que sempre saben que facer co balón nos pés e so lle faltou algo máis de mordente en ataque.
Leer más: El Celta ni sufrió ni hizo sufrir
Chama a atención que Hugo González, o home gol do verán, non tivera minutos en Mestalla, pero as súas razóns tácticas tería o adestrador -que logo explicou tamén que o feito de que Aleix Febas pedise o cambio por molestias alterou os seus plans-, que aínda ten unha bala na recámara como Borja Iglesias, en período de posta a punto logo do mundial. Agora, as boas sensacións hai que traducilas en goles e en triunfos nun Balaídos que o curso pasado foi esquivo.