O Celta urxe a Elon Musk a incluír o galego en X

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

<span lang= gl >Tuit publicado polo Celta este sábado, pedindo que se inclúa o galego en Twitter.</span>
Tuit publicado polo Celta este sábado, pedindo que se inclúa o galego en Twitter. RC CELTA

O club vigués insta ao propietario da rede social a dar cabida á lingua

04 jul 2026 . Actualizado a las 17:46 h.

O galego é a lingua maioritaria nas comunicacións do Celta en redes sociais nos últimos anos, pero X -antes, Twitter-. onde conta con máis de 500.000 seguidores, identifica as publicacións na lingua como escritas en portugués para a función de tradución automática. Aproveitando un exemplo disto, a entidade pediu a propietario de Twitter que tome cartas neste asunto.

En concreto, o Celta compartía na mañá deste sábado o Inside da celebración do título de La Liga Genuine do Celta Integra, o seu equipo formado por persoas con discapacidade intelectual. O encabezamento do tuit rezaba: «Feito na Madroa», pero para as persoas que teñan activada a tradución, indícase que esta se fai desde o portugués y convérteo en «hecho en la Madroña». Así, o Celta compartía unah captura que amosaba esa tradución, mencionando o tuit orixinal, e pedía: «Vai sendo hora de incluír o galego en X, meu, Elon Musk», e mencionando a conta deste.

Non quedaban aí e desde o perfil en inglés, expresábanse na mesma liña e tamén etiquetando ao destinatario da petición: «Oe, o galego é un idioma oficial en España, falado por millóns de persoas. Non cres que vai sendo hora de que teña o seu lugar en X?». A mensaxe foi moi aplaudida.