Os peñistas conxuráronse para apoiar a primeiro equipo do Celta, Fortuna e Xuvenil A neste final de tempada; Jorge Otero e David Rodríguez estiveron presentes no evento
10 may 2026 . Actualizado a las 11:12 h.A peña celtista Bueu Celeste festexou este venres na súa sede, o restaurante Iglesario, na parroquia de Cela, o seu aniversario, unha cita ineludible para os seus membros cada ano. Xa van 16 anos e nesta ocasión contaron para acompañalos cos antigos xogadores do equipo vigués David Rodríguez y Jorge Otero, ademais do presidente da Federación de Peñas do Celta, Pepe Méndez, e integrantes da peña amiga Ardán Celeste, de Marín.
Esa xuntaza tiña un dobre obxectivo, explica o seu presidente, Gustavo Campos. «Reunímonos para celebrar un ano máis da nosa peña, e tamén para dicirlle á xente que nestes catro partido que quedan -foi previo á vitoria ante o Atlético-, sobre todo nos dous de casa, temos que axudar e animar con todas as nosas forzas para loitar por estar por segundo ano consecutivo en Europa», afonda. O presidente considera que foi «unha tempada moi boa, obtendo a permanencia con moitas xornadas de antelación» e celebra a fin de liga tranquila, pero sen renunciar á ambición de repetir competición continental.
Sempre pendentes tamén do filial, o Celta Fortuna, non se esqueceu deles na súa intervención, animando tamén aos peñistas a que sigan apoiando aos rapaces de cara á fase de ascenso para a que xa obtiveron a clasificación matemática. «Non nos esquecemos tampouco do Xuvenil A, que quedou campión de liga, nin das Celtas», di deixando claro que sempre están pendentes de toda a estrutura celeste.
Ayer tuve el placer de ir como invitado a @bueuceleste en su XVI aniversario. Muchas gracias por el trato, el cariño y el regalo en forma de boceto que me tenían preparado.
— David Rodríguez (@18David7) May 9, 2026
Hala @RCCelta ? pic.twitter.com/6mMmUAqGqM
Aparte de Campos, tamén interviñeron os convidados. Otero gabou tamén a tempada do Celta con xente da casa, como foi el no seu día, mentres tanto el coma o nigranés, sobre todo este último, falaron de que na súa época se botaba de menos que houbese máis canteiráns e que él algo que comentan entre eles os ex xogadores do club cando se xuntan. Non só iso, senón tamén un ambiente en Balaídos e unha afección moi conectada ao equipo que pagaría Otero por ter gozado como xogador.
Rodríguez quixo poñer o foco na importancia do labor das peñas e na cantidade de mocidade que, coma sempre, estaba presente neste evento coas súas camisolas do Celta. Méndez, pola súa banda, agradeceu o papel das peñas en xeral e de Bueu Celeste en particular, polo seu apoio incondicional ao equipo unha campaña máis. Todo, nun ambiente festivo, cuns 70 asistentes que tomaron un aperitivo e brindaron, como é costume, con tinta femia de Cela. Non faltaron os sorteos de agasallos e merchandising do Celta.