Volver aos principios futbolísticos

Tomás Gómez VIGO

GRADA DE RÍO

El entrenador del Celta, Claudio Giráldez, pensativo en Balaídos.
El entrenador del Celta, Claudio Giráldez, pensativo en Balaídos. M.MORALEJO

14 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Ante dous tropezos tan contundentes como inesperados, o Celta afronta o partido de volta da Europa League con máis dúbidas que certezas, pero non é o momento de buscar solucións de urxencia nin de tratar de procurar unha inspiración salvadora; pola contra, o mellor camiño para afrontar a volta da contenda europea é confiar e encomendarse ao que sempre lle funcionou ate o de agora, volver aos seus principios futbolísticos, que tan bo resultado lle deron ao equipo ao longo desta tempada.

Cada vez que un deportista acada un logro deportivo, é interesante que analice que é o que lle fixo acadar dito resultado, o que chamamos dende a psicoloxía do deporte éxito controlado, non caer na euforia e analizar que fas para acadar o teu obxectivo. No reverso da moeda, estaría o fracaso controlado, que sería analizar a derrota sendo consciente de que é o que tes que facer na próxima ocasión para, desta volta, acadar a túa meta deportiva, e nesas anda o Celta.

O equipo —e, individualmente, cada xogador— debe centrarse naqueles obxectivos de realización que lle permitiron acadar uns moi meritorios resultados ao longo desta tempada, confiar no traballo feito en cada adestramento e en cada partido, tomar distancia mentalmente destes dous reveses e afrontar o partido tendo moi claro o seu estilo de xogo, un estilo de xogo que coñecen, que dominan, que deu os seus froitos e no que se senten seguros e confiados.

Tomás Gómez é psicólogo deportivo