Claudio recolle o legado do Toto

Xosé R. Castro VIGO

GRADA DE RÍO

El entrenador del Celta, Claudio Giráldez, antes de tomar el vuelo a Lyon.
El entrenador del Celta, Claudio Giráldez, antes de tomar el vuelo a Lyon. Oscar Vázquez

19 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Todo por gañar. O Celta xa cumpriu na Europa League, superando as pobres expectativas que tiña a LFP, que lle asignaba o posto 28 ao remate da Fase Liga, e acadando a rolda de oitavos de final. Pero Claudio Giráldez quere seguir o legado do Toto Berizzo e soñar en grande. O Lyon é favorito, pero canto máis pequenas son as porcentaxes de éxito, mellor resposta da o Celta. En teoría, todo está en contra: baixas importantes nos celestes, altas destacadas no rival, empate na ida, factor cancha a prol dos lioneses e maior potencial deportivo e económico. Pero se o cadro vigués foi quen de salvarse cun 4 %, que non poder facer cun 30 de probabilidades que lle dá agora a estatística?

O Celta ten en Lyon o mellor escaparate para demostrar que é un equipo de autor no que a idea está por riba dos nomes e que, ao longo destes dous anos do técnico porriñés no primeiro equipo, foron engadindo rexistros que o converteron nunha escuadra máis forte e mellor.

Giráldez confesou onte que apostou todo a vivir partido como este, pero o técnico non se conforma con calquera cousa. Dende que chegou, o Celta no parou de crecer e, a día de hoxe, ninguén dubida que é o principal patrimonio do club. A peza angular sobre a que xira un proxecto de canteira que rompe moldes. Con tanta ambición, como o celtismo non vai soñar en grande.