
O canteirán do Celta finalizou a cesión e volve á disciplina do Betis
01 jul 2025 . Actualizado a las 11:09 h.O canteirán do Celta Iker Losada é un dos xogadores que remataban contrato co club vigués este 30 de xuño, no seu caso, logo dunha cesión por parte do Betis acordada no pasado mercado de inverno. «Hoxe tócame despedirme do Celta, o club da miña vida. Aquí medrei como futbolista e como persoa, vivín momentos que nunca esquecerei e fixen realidade soños que tiña dende neno», apunta a través da súa conta de Instagram.
O catoirense afirma que «volver vestir esta camiseta foi especial». E engade: «Vivir con vós unha clasificación a Europa… simplemente inesquecible». Por último, sinala: «Isto non é un adeus, é un ata pronto. Porque o corazón queda en Vigo. Grazas de verdade, celtistas!».