Solidariedade celeste con Portugal polos incendios: «Muita força, vizinhos»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

RC CELTA

O club vigués lanza unha mensaxe de apoio ante a catástrofe que levou a declarar o estado de calamidade 

18 sep 2024 . Actualizado a las 10:39 h.

Vigo amenceu esta mañá co ceo cuberto polo fume dos incendios que asolan estes días Portugal. O Celta, a través das súas redes sociais, quixo solidarizarse con esta traxedia: «Dor e rabia. Todo o noso apoio e agarimo para as vítimas e os afectados nos incendios de Portugal. Muita força, vizinhos», podía lerse xunto cunha imaxe do videoclip de Oliveira dos cen anos -de actualidade pola súa nominación aos Premios Grammy Latinos, coñecida onte- e escrito «força, Portugal».

View this post on Instagram

A post shared by RC Celta (@rccelta)

Afeccionados sumáronse con mesanxes como «Irmáns trala liña, Galiza está convosco» ou o mesmo «força, Portugal». Tamén houbo respostas de agradecemento por parte de cidadáns lusos: «esta simple publicación chéganos moito aos portugueses que somos do Celta e sentimos tanto este clube, graciñas de corazón e sempre Celta», expresaba un en Instagram.