A versión de Será porque te amo que gravou meses atrás esta peña viguesa do Celta soou domingo en Balaídos
17 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Hai xa preto dun ano, a peña celtista viguesa A Tapa Celeste gravou unha versión do tema orixinal italiano Sarà perche ti amo cunha letra dedicada ao Celta. Desde aquela, movérona a través das redes sociais para tratar de que, pouco a pouco, vaia callando no celtismo. E o club puxo o sábado un importante gran de area ao facela soar en Balaídos no descanso do Celta-Valladolid.
«Onte (polo doimingo) foi un día muy especial, cheo de reencontros e cunha sorpresa para os Tapeiros. Temos que dar as grazas ao Celta por esa sorpresa no descanso», expresaron a través das redes sociais da agrupación. Un dos seus integrantes expresaba que foron «a peña máis feliz do mundo».