O partido será este vindeiro domingo, ás 14.00 horas en Balaídos; é a cuarta vez que realizan esta iniciativa
09 sep 2024 . Actualizado a las 12:29 h.A peña celtista da Illa de Arousa, Carcamäns, a de máis membros de cantas existen, vén de anunciar este luns que organiza un desprazamento a Balaídos en catamarán para o compromiso do domingo entre Celta e Valladolid en Balaídos (14.00 horas). É unha iniciativa que teñen realizado outras catro veces, pero desde a anterior pasaran xa pasaran cinco anos; fora en agosto do 2019.
A saída será ás 9.30 do domingo desde o muelle do Xufre, na Illa, con chegada ao porto de Bouzas, onde esperarán catro buses para conducilos a Balaídos. Avanzan que a peña porá un «picoteo (mexilóns e empanada) para que a viaxe sexa máis amena» e que a bebida terá prezo simbólico. Haberá prazas limitadas e os interesadosdeben pasar pola sede, A Taberna dos Baláns, e anotarse entre as 19 e as 21 horas desde este mesmo luns; o prezo é de vinte euros por persoa.
A volta será en autobús ao finalizar o partido, seguindo o costume habitual. Ademais, aquees que non viaxen en catamarán teñen tamén a posibilidade de ir en autobús como é habitual, neste caso, con saída ás once da sede.
A primeira vez que fixeron unha viaxe en catatamán foi hai case doce anos, o 22 de setembro do 2012, para un partido ante o Xetafe. Seis anos máis tarde, en setembro do 2018 -con motivo do seu 20 aniversario-, repetían para o mesmo rival que agora, o Valladolid, e no 2019, aínda en agosto, para o compromiso ante o Valencia. O primeiro e o último partido saldáronse con vitoria; o outro foi empate.