Marián Mouriño: «Non hai límites, porque é o momento de soñar»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

RC CELTA

A presidenta, club, antigos xogadores e actuais conmemoran os 101 anos do Celta

24 ago 2024 . Actualizado a las 12:55 h.

A presidenta do Celta, Marián Mouriño, lanzou este venres a través da súa conta de Twitter unha mensaxe con motivo do aniversario do club. «101 nos de orgullo, afouteza e paixón. Hoxe celebramos máis dun século de unión, de fortaleza... e vamos a por máis! Xunt@s seguiremos facendo historia porque non hai límites, porque é o momento de soñar», escribía. O club, pola súa banda, publicaba: Superamos o centenario coa ilusión de construír os próximos 100 anos de vida do noso Celta. Moitos parabéns, celtismo. Sigamos escribindo xuntos esta fermosa historia!

Non faltaron as felicitacións de ex xogadores: «Parabéns, Celta. 101 anos de afouteza», escribía David Rodríguez. Tamén se pronunciaron outros de diferentes épocas e xa sexa con pasado no primeiro equipo ou na base. «Feliz aniversario a mis amigos del Celta y suerte en el partido de esta tarde», dicía Raúl Navas.

As peñas, como cada ano, volcáronse nesta data. «Sufrir, gozar, chorar, celebrar, xuntarse, viaxar, amigar, brindar... Estar sempre orgullosos do noso e nunca deixar de animar. O máis duro dos nosos vicios e a máis grande das nosas sortes», escribían desde Irmandiños 1923 engadindo unha frase que está colendo moita foza nos últimos tempos: «O Celta é a nosa vida». Siareiros expresaba «agradecemento por ter recibido esta herdanza, orgullo de gardala e compromiso para levala a un gran futuro».

Tamén afeccionados, tanto coñecidos -caso de Gonzo ou Lucía Taboada- ou anónimos se sumaron a esta celebración. «O soño era facer unha tempada de resultados inesquecibles e, coido, acadouse algo máis importante: tornou a ilusión e o sentimento de identidade; tornaron os cheos en Balaídos. Con 101 anos, o Celta é máis mozo que con 100», manifestaba o xornalista vigués, que engadía un nexo común a moitas publicacións celestes nesta xornada: #SempreCelta

[[@instagram:https://www.instagram.com/p/C_AkEfCOWaS/]]

Outros clubes

 

 

Para este día especial, ademais, o Celta abriu o estadio aos abonados e 101 deles fonro despois abandeirados nos prolegómenos do partido fronte ao Valencia.